Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de agosto de 2014

As obras do aparcadoiro e a praza das Conchiñas están executadas ao 70% e comeza a reurbanización dos viarios da contorna

O obxectivo é que a reforma da rúa Corcubión estea finalizada no mes de setembro

O tenente de alcalde de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, visitou as obras do aparcadoiro e a praza das Conchiñas, un proxecto que se encontra na súa fase final, xa que se executou o 70% dos traballos e a previsión é terminar a urbanización desta zona durante o último trimestre deste ano.

O proxecto de urbanización das Conchiñas inclúe un aparcadoiro con capacidade para 230 vehículos, así como unha zona pública en superficie con áreas de descanso e xogos infantís. Trátase dun proxecto que xerou unha grande expectación, pois aumentouse o número de prazas de aparcadoiro nun 25% -das 185 previstas inicialmente ás 230-. A metade das prazas do novo aparcadoiro, de dúas plantas soto, será en rotación -asegurando puntos de estacionamento para as persoas que vaian mercar ao mercado e ás tendas da zona- e o outro 50% para venda e alugueiro.

A praza en superficie contará cun deseño moderno e aberto, será máis luminosa e ofrecerá zonas de descanso e área de xogos infantís, ademais de incluír a integración do mercado na propia praza proporcionando unha nova segunda fachada.

Para completar este proxecto, o Concello acordou en xullo encomendarlle á Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA), responsable da construción e posterior explotación do aparcadoiro, a execución das obras de reurbanización dos viarios limítrofes á praza das Conchiñas, unha superficie de 2.628 metros cadrados no rueiro comprendido entre as rúas Barcelona, Fuente Álamo, Corcubión e a avenida das Conchiñas.

O Concello estima que a execución destas novas obras de reurbanización de viarias supoñerán un investimento de 240.000 euros, aínda que en ningún caso significarán un atraso na finalización dos traballos, pois compásanse aos da execución do aparcadoiro e da renovación da praza que se habilitará en superficie para o goce da cidadanía. Con esta nova actuación, a superficie total que se urbaniza nas Conchiñas chega aos 8.600 metros cadrados, cun orzamento final que supera os 2,5 millóns de euros.

Dentro dos traballos complementarios de reurbanización de viarios, onte, mércores 13 de agosto, arrincaron as obras da rúa Corcubión, entre a rúas Barcelona e Fuente Álamo. A previsión é que, ata o día 29, en horario laboral de 08.30 a 18.30 horas, se corte Fuente Álamo (entre a rúa Corcubión e a avenida das Conchiñas), desviando a circulación pola rúa Corcubión, habilitándose o dobre sentido na rúa Gramela. Fóra do horario laboral, a vía permanecerá aberta ao tráfico, así como naqueles momentos nos que a vía non estea ocupada polos camións de obra. Tamén se colocaron sinais de prohibido estacionar na marxe esquerda da rúa Gramela, por onde se realizarán os desvíos. A previsión é que a urbanización da rúa Corcubión quede finalizada en setembro.

A estas obras encomendadas a EMVSA na Agra do Orzán, súmanse outras importantes actuacións desenvolvidas neste barrio polo Concello e que supoñen un investimento próximo aos 15 millóns de euros, como a renovación das rúas Cuba e Entrepeñas, a apertura do centro Novo Boandanza, da Aula de Emprego e a Escola de Emprendedores.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión