Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2014

O Goberno municipal terminará as obras de Antonio Ríos a finais de setembro

A actuación forma parte do Plan Conecta Castrillón 2013-2016 e permitirá completar o trazado da rúa, ademais da creación de 44 prazas de aparcamento

O Concello da Coruña, a través da Área de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa de que as obras de urbanización de Antonio Ríos -correspondentes á segunda fase do Plan Conecta Castrillón 2013-2016- avanzan a bo ritmo e a súa finalización está prevista para finais do próximo mes de setembro.

Os traballos, que xa están concluíndo a instalación da plataforma, consisten na posta en funcionamento do tramo da rúa dende a parte existente ata a súa intersección coa avenida de Eirís. Complétase, deste xeito, o trazado da vía para dar continuidade ao tráfico rodado e peonil da zona. Afecta a unha superficie de 2.421 metros cadrados e supoñerá a creación de 44 prazas de aparcamento. Construirase un carril en cada sentido da circulación, unha zona de aparcamento en liña nunha das marxes e beirarrúas en ambos os lados, ademais de muros de contención de terras de formigón armado na beirarrúa da parte noroeste do viario.

Ademais realizaranse traballos para instalar unha rede de abastecemento de auga e rede de saneamento, así como redes de telefonía, de gas, de enerxía eléctrica e de iluminación pública. O Concello inviste nesta segunda fase un total de 324.405,07 euros.

O Plan Conecta Castrillón está dividido en 3 fases que supoñerán a urbanización de 14.214 metros cadrados, 271 prazas de aparcamento e un investimento de 1,5 millóns de euros:

- FASE 1: Urbanización da rúa Casanova de Eirís e avenida dos Caídos. 7.021 metros cadrados, 155 prazas de aparcamento e un investimento de 565.495,21 euros.

- FASE 2: Antonio Ríos. Pretende completar o trazado desta rúa para dar continuidade ao tráfico rodado e peonil da zona. 2.421 metros cadrados, 44 prazas de aparcamento e un investimento de 324.405,07 euros.

- FASE 3: Urbanización do rueiro situado entre as rúas Vila de Ordes, Castrillón e avenida de Casanova de Eirís. 4.772 metros cadrados, 72 prazas de aparcamento e un investimento de 625.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión