Concello da Coruña

Concello da Coruña

A ortofoto da cidade da Coruña

No Obelisco, instalouse durante a Semana Europea da Mobilidade un recinto con dous ortofotos da cidade da Coruña, desde o 16 ao 22 de setembro, na que os veciños poderán localizar a súa residencia paseando e pisando.

Despois do exito que tivo entre os viandantes, este ano durante a Semana Europea da Mobilidade os camiñantes poderán gozar de dous grandes ortofotos instaladas no chan.

  • Ortofoto do ano 1997. cunha medida de 14 x 11 m. A través desta gran fotografía aérea os veciños e veciñas puideron contemplar o pasado recente da cidade coas primeiras e incipientes infraestruturas destinadas á peonalización e as vías ciclables.
  • Ortofoto do ano 2021. cunha medida de 14 x 11 m. A comparación está servida. O pasado da foto anterior e o presente aos nosos pés nesta nova imaxe. As vías con preferencia para usos de bicicleta ou patín, os carrís bici, as zonas peonís, e os obxectivos a curto e medio prazo.

Actividades

Co obxectivo de animar as actividades da Semana da Mobilidade da Coruña, realizarase un conxunto de pequenos xogos dinámicos de temática medioambiental para todos os públicos. Todos eles acompañados dunha breve reflexión sobre os beneficios dos cambios na mobilidade para a nosa saúde e a do medio ambiente.

Destinado aos nenos e nenas realizáronse obradoiros educativos in situ, aproveitando a presenza das dúas grandes ortofotos, que contaba con educadoras captando aos nenos e nenas interesadas e conseguindo a complicidade e animosidade dos seus pais e nais.

En particular, estas actividades que estaban deseñadas para a primeira xornada repetíronse tamén nos sucesivos días.

1. Respira!

As/os participantes deben ir avanzando pola ortofoto para chegar dun punto a outro que lle indique unha das monitoras, poñendo un pé pegado ao outro. Como o fume dos coches é prexudicial, deben aguantar a respiración fóra das zonas verdes da Coruña.

2. Esquío Coruñés

Os protagonistas debían de chegar dun punto a outro do mapa saltando de zona verde en zona verde. Podían dar rodeos, e mesmo volver cara atrás, pero só era factible desprazarse dando saltos entre árbore e árbore!

3 .As 7 diferenzas

Cando houbo varios participantes formáronse dous equipos e, nun tempo máximo de 2 minutos, debían de atopar o número máximo de diferenzas entre as dúas ortofotos. O que explique máis diferenzas relacionadas coa mobilidade era o gañador.

4. Carreira de bicis

Os participantes deben formar dous equipos de ciclistas. O primeiro dos equipos xogará na ortofoto nova e o outro o facía na antiga. Establecíase entón un punto de partida e outro de chegada e os nenos/ nenas debían de avanzar da seguinte maneira: polo carril bici deben ir poñendo un pé pegado ao outro, avanzando cara adiante. Pola a estrada, como tardan máis porque deben de sortear o tráfico, avanzan poñendo un pé pegado ao outro, pero de lado, polo que o seu progreso é máis lento.

Para adaptar o xogo a diferentes idades, ás persoas adultas acompañantes indicaráselles como puntos no mapa unha rúa, unha praza... e aos nenos e nenas sinalaráselles un punto concreto desde o que partir.

Para xogar en familia, deberán ser os pais e nais os que atopen os puntos no mapa e guíen aos seus fillos e fillas no mapa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión