Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Autorizacións para o transporte escolar

Transporte escolar

Cada ano, as empresas transportistas, antes do 31 de agosto, deberán estar en posesión da correspondente autorización con carácter previo ao inicio do curso escolar, co obxecto de realizar o transporte escolar dentro do termo municipal da Coruña. As empresas de transporte deberán presentar a solicitude de licenza de transporte escolar, xunto coa seguinte documentación:

1. Rutas, facilitadas polos centros escolares

2. Horarios, facilitados polos centros escolares

3. Paradas*

4. A rede de rutas, paradas e horarios, que deberá entregarse nunha xeodatabase editable (formato GTFS OU SIMILAR), compatible, en calquera caso, cos sistemas de información xeográfica. Se non houbera variación nin de rutas nin de paradas con respecto ao curso 2024/25, só deberán presentar unha declaración de responsabilidade.

*No que respecta ás paradas, as empresas de transporte deberán presentar a seguinte documentación:

Os vehículos destinados a este transporte deberán presentar:

  1. Relación de vehículos que se pretenden dedicar á prestación do servizo. Estes vehículos deberán estar debidamente homologados como correspondentes á clase M, con carácter principal ou suplente, e cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 443/2001, do 27 de abril.
  2. Certificado expedido pola Delegación de Transportes da Xunta de Galicia, no que conste que os vehículos (relacionando as matrículas) son idóneos para o transporte escolar.
  3. Contrato co centro escolar ou, de ser o caso, certificación expedida polo centro contratante.
  4. Xustificante de pagamento da taxa municipal que, coa presentación da documentación no Rexistro Municipal, deberá aboarse segundo o previsto na Ordenanza fiscal número 13.

Para as empresas de transporte que presenten toda a documentación esixida, seranlles expedidas as correspondentes tarxetas de autorización. Para as demais, outorgarase un prazo de 10 días para a emenda de defectos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión