Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carga e descarga na vía pública

ZONAS RESERVADAS PARA CARGA E DESCARGA

O Concello ten dispoñibles, nas rúas do termo municipal, zonas reservadas para que os vehículos destinados ao transporte de mercadorías poidan efectuar a carga e descarga.

As zonas reservadas atópanse sinalizadas, tanto vertical como horizontalmente, cos sinais homologados polas normas vixentes en materia de circulación. No que se refire á extensión das devanditas zonas, estarán supeditadas ao que en cada momento determinen os técnicos municipais.

O horario xenérico de carga e descarga nas zonas reservadas é, salvo sinalización ou autorización expresa, de 8:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas, de luns a sábado. A carga ou descarga durará o tempo imprescindible para efectuar as operacións necesarias, non podendo exceder un tempo máximo de 30 minutos.

Unicamente poderán utilizar as zonas reservadas de carga e descarga os vehículos destinados ao transporte de mercadorías rotulados como tales, e cuxa capacidade de carga útil non exceda de 3.500 quilogramos.

Excepcionalmente e sempre que estea presente o condutor, tamén poderán ser utilizadas por turismos e os seus derivados, aínda sen rotular, para cargar ou descargar aveños ou outros obxectos, sempre que ditas operacións non excedan de 15 minutos.

CARGA E DESCARGA EN VÍAS DE CIRCULACIÓN RESTRINXIDA

O horario de carga e descarga nas rúas peonís e nas demais vías de circulación restrinxida será o que expresamente recolla a súa sinalización específica. Nas demais vías de circulación restrinxida será o fixado con carácter xeral, a condición de que estea comprendido dentro do horario autorizado para circular por elas.

Nas rúas peonís e nas demais vías de circulación restrinxida non se autorizarán zonas reservadas de carga e descarga.

LIMPEZA

Terminada a carga e descarga de calquera vehículo procederase a limpar as beirarrúas e calzadas que fosen ensuciadas durante a operación, retirando da vía pública os residuos vertidos.

Están obrigados ao cumprimento deste precepto os donos dos vehículos e, subsidiariamente, os titulares dos establecementos ou leiras en que fose executada a carga ou descarga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión