Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Consulta pública previa á Ordenanza de mobilidade

Ordenanza

Problemas que se pretenden solucionar coa nova norma

A Ordenanza de mobilidade é o primeiro texto normativo do que se dota o Concello da Coruña, que intenta regular nun único documento aspectos que ata agora estaban regulados en diferentes ordenanzas municipais, ou que directamente non se regularon nunca.

Este labor integrador considérase necesario para definir e establecer o uso do espazo público, priorizando a mobilidade peonil e o transporte público, garantindo a saúde, a mellora da calidade do aire, a protección do medio ambiente e a accesibilidade universal, así como os dereitos das persoas con mobilidade diversa.

As ordenanzas existentes nesta materia, que están obsoletas, xa que desde a súa aprobación producíronse numerosos cambios lexislativos e sobre todo sociais; son as seguintes:

  • Ordenanza municipal de circulación (publicación da aprobación definitiva o 27 de maio de 2003)
  • Ordenanza municipal de transportes, aprobada o 19 de outubro de 1992, modificada posteriormente. A última modificación é do ano 1996.
  • Ordenanza do Servizo público de Ordenación e Regulación do Aparcamento (ORA), aprobada definitivamente o 12 de xuño de 1998, con sucesivas modificacións, a última publicada o 31 de decembro de 2019.

Outras materias que tamén formarían parte do contido da nova Ordenanza municipal de mobilidade, e que nunca ata agora se regularon, son determinados aspectos novos como os vehículos de mobilidade persoal (VMP), os carrís bici ou os transportes de mercadorías, a última milla etc.

Zona 30

Obxectivos da norma

O proxecto normativo deberá de ter en conta os obxectivos específicos do Plan de mobilidade urbana sustentable da Coruña, aprobado en 2013, de acordo cos obxectivos xerais para os plans de mobilidade urbana sustentable establecidos de maneira xeral na Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable.

  • Fomento dos modos non motorizados
  • Potenciar o transporte público fronte ao automóbil privado
  • Uso máis racional do espazo público urbano
  • Incidir sobre a conduta de mobilidade da cidadanía
  • Contribuír á planificación sustentable do desenvolvemento urbano

Tamén deberá estar relacionado con moitos dos ODS (obxectivos de desenvolvemento sustentable) da Axenda 2030, por exemplo co obxectivo estratéxico O.E.5 da Axenda Urbana Española de favorecer a proximidade e a mobilidade sustentable.

Igualmente, a mobilidade sustentable é un dos 8 plans temáticos da Estratexia contra o Cambio Climático da Coruña, polo que o proxecto da norma deberá intentar integrar todos estes obxectivos cos seus contidos.

Consulta pública

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do correspondente borrador ou borradores, sustanciarase unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente, na que se solicitará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

  • Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
  • A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  • Os obxectivos da norma.
  • As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

O concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestrutura, Vivenda e Mobilidade, o 10 de setembro de 2020, resolveu realizar o trámite de consulta previa mediante a inserción, por un prazo de dous meses, dun anuncio na web municipal do Concello da Coruña e na web municipal de Mobilidade.

Pode participar na consulta a través desta ligazón

A data final para o trámite de consulta previa é o 16 de novembro de 2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión