Concello da Coruña

Concello da Coruña

Control Semafórico da Mobilidade

A xestión semafórica na cidade da Coruña perténcelle á empresa ALUVISA, como parte integrante da UTE Movilidad Coruña, responsable do mantemento semafórico e a sala de control de tráfico da cidade.

Na exposición realizada nunha das carpas no Obelisco pretendeuse dar a coñecer e sacar á rúa o novo Centro Integral Da Mobilidade (CIMoB), de recente creación. O 27 de marzo a alcaldesa da Coruña foi a encargada da súa inauguración, desde o que se xestiona todo o referente á mobilidade da cidade, entre o que destaca a evolución das tecnoloxías en especial, a intelixencia artificial e o big-data.

Co fin de ambientar a carpa da Semana Europea da Mobilidade 2023 instalouse un vinilo de 4,5 x 2m como réplica da distribución dos novos postos de operador e do novo videowall instalado no CIMoB.

Así mesmo tamén se mostraron, en distintos monitores, os avances dos proxectos dos Fondos Next no referente á nova rede de puntos de medida baseados en Intelixencia Artificial e Deep Learning, as novas Zonas Peonís Reguladas e o control de distintas zonas de carga e descarga da cidade.

Dentro da nova rede de puntos de medida baseados en IA e Deep Learning, o máis relevante desta exposición foi a posibilidade de poder visualizar en tempo real como, coas novas cámaras de IA, se rexistran os datos de vehículos, peóns, bicicletas... da cidade.

Na carpa de Aluvisa púidose observar como, cunha cámara de IA, se estaban a analizar e rexistrar en tempo real todas as persoas que pasaban sobre as ortofotos instaladas no chan dos Cantóns.

Todos os datos rexistrados nos 130 novos puntos de medida baseados en IA e Deep Learning que se están instalando na cidade permitirán dispoñer de moitos máis datos de mobilidade para a toma de decisións que afecten a todas as persoas integrantes da mobilidade da cidade.

Así mesmo, noutro dos monitores podíase visualizar a monitoraxe en tempo real do primeiro punto piloto instalado para o control da zona de carga e descarga da rúa Alfredo Vicenti. Este sistema permitirá dispoñer de todos os datos de ocupación das prazas de carga e descarga en tempo real e realizar o control do tempo de estacionamento de cada vehículo para favorecer a rotación de prazas de carga e descarga da cidade.

Como actuacións complementarias aos proxectos dos Fondos Next que se están levando a cabo na cidade tamén se instalou, na carpa de Aluvisa, un panel de mensaxería variable similar aos que se van instalar na cidade para informar a cidadanía de todo o relacionado coa mobilidade.

Con todo iso pretendeuse dar a coñecer o novo "Centro Integral da Mobilidade (CIMoB)" e todos os proxectos asociados a el, co fin de mellorar a mobilidade global da cidade.

Cómpre destacar, como denominador común con Policía Local, que se realizaron unhas xornadas de portas abertas durante a Semana Europea da Mobilidade, desde as 17.00 h, para asistiren todas as persoas que estivesen interesadas en coñecer a nova sala de control do tráfico, denominada CIMoB.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión