Concello da Coruña

Concello da Coruña

Friday Mobility Night 16 de Setembro SEM 2022

Este ano a Friday Mobility Night, únese á Semana Europea da Mobilidade, cunha Ruta Branca, para encher as rúas da Coruña.

O Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Galego, asistiu a esta celebración, gozando desta marcha conxunta.

Na Semana Europea da Mobilidade, celebramos unha movidad activa, dando paso a un transporte alcanzable para a integración e participación social, loitando coa contaminación acústica e atmosférica, no que a transformación urbana pretende alcalzar un modelo máis inclusivo, vencer inercias individualistas do uso do coche particular na concepción do espazo público.

Para iso o Concello celebrou unha marcha conxunta polas rúas da cidade, ruta realizada polo Club de Galicia Rollers e coa participación de ACOUVMP, Decathlón, DXT, VanenBikke, fomentando o bo uso dos VMP como forma de mobilidade sustentable.

Ao ritmo da música de Lilicleta, os usuarios de Bicicletas, VMP, patíns, patinetes, skates e todo tipo de vehículos de mobilidade persoal, marcharon pola cidade.

O ritmo foi suave pero continuo , polo que foi absolutamente necesario que todos os participantes tivesen autonomía sobre os patíns, soubesen frear e fosen capaces de seguir o ritmo do grupo.

Lembra:

  • NON é unha carreira, pero debes de manter un ritmo.
  • Aqueles que non sexan capaces de seguir o ritmo e sexan pasados polos STOPPERS DE COLA quedarán fóra da ruta pero poderán unirse de novo atallando ou esperando á volta. Recomendamos ver mapa.
  • O grupo debe ir compacto para que os cortes de rúas sexan inferiores a 2 minutos.
  • Os stoppers son voluntarios que colaboran no bo funcionamento, respéctaos e facilítalles o seu traballo.

Podes acceder ao percorrido desde aquí.

Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".

A marcha nocturna se realizaró o venres 16 de Setembro desde a praza de María Pita, con saída ás 21.30 h.

Nesta ocasión contouse coa participación duns 120 participantes, que encheron as rúas e gozaron desta ruta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión