Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lei 18/2021, de 20 de decembro

Modifícase o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade viaria, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, en materia do permiso e licenza de condución por puntos

A modificación aborda, entre outras cuestións, materias tan importantes como diversas: os cursos de condución segura, a educación viaria na condución de ciclistas e en VMP, o vehículo automatizado; o uso de cascos de audio ou auriculares, os dispositivos de telefonía móbil, navegadores e outros sistemas de navegación e inhibidores de radares; o tratamento do consumo de alcohol e outras drogas; cintos, cascos e restantes elementos de seguridade...

Ademais das anteriores repercusións na zona urbana, a modificación trata neste ámbito, entre outras materias: a prohibición de circular polas beirarrúas as bicicletas e os VMP, a obrigatoriedade do casco na condución dos VMP, a obrigatoriedade do casco de protección nos termos que se estableza regulamentariamente para os condutores e ocupantes de bicicletas en vías urbanas e a súa obrigatoriedade para os menores de 16 anos...

A modificación da Lei establece un marco xurídico aínda máis fundamentado no principio da seguridade viaria urbana, co propósito da redución da accidentabilidade e a gravidade das lesións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión