Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Licenzas de taxi

En que consiste?:

Solicitar licenzas de Auto Taxi. Poderán solicitar estas licenzas as persoas condutoras asalariadas dos titulares das licenzas da clase "A", (outorgadas polo Concello), as que presten o servizo en praza, os que teñan exclusiva dedicación na profesión, (acreditada mediante a posesión e vixencia do permiso municipal de conducir), as que estean dadas de alta como persoas condutoras asalariadas na SS, os/as condutores/as asalariados/as e que estean imposibilitados/as para conducir, por motivos de incapacidade física ou enfermidade, así como as persoas que se atopen en situación involuntaria de desemprego.

Teléfono:

981 189860

Presencial

Que se necesita?:

  • Acordado o outorgamento de licenzas da clase "A" (auto taxis) publicarase a convocatoria, a través de anuncios no BOP e diarios locais, indicando o número de prazas, requisitos, criterios de adxudicación, documentos que deben achegarse, prazo de presentación de solicitudes e demais requisitos.
  • Cubrir un modelo oficial de solicitude.
  • Unha vez terminado o prazo de presentación de solicitudes o Concello publicará a lista de solicitantes no BOP, para que as persoas interesadas poidan alegar o que estimen procedente no prazo de 15 días.
  • Transcorrido este prazo, resolverase a concesión das licenzas.

Internet

Teléfono

Máis información:

Orde preferente na adxudicación: na adxudicación de licenzas, terase en conta a seguinte preferencia:

  • En favor das persoas solicitantes por rigorosa e continuada antigüidade.
  • Con independencia dos criterios que se reflictan nas bases de cada convocatoria, para o cómputo de tempos, terase en conta: a cotización efectuada como condutor/a asalariado/a á SS e tempos acreditados polo carné municipal de conducir; en caso de discrepancia, será prioritaria a cotización á SS.
  • Certificado do INEM, sobre tempos involuntarios de desemprego.
  • Certificados dos organismos oficiais, en que conste a baixa laboral, por incapacidade ou enfermidade.

Prestación do servizo:

  • No prazo de 60 días naturais, as persoas titulares das licenzas están obrigadas a prestar servizos de forma inmediata.
  • Toda persoa titular da licenza da clase "A" ten a obriga de explotala persoal ou conxuntamente con condutores/as asalariados/as en posesión do permiso municipal de conducir e Alta na SS, en exclusiva dedicación e de incompatibilidade con outra profesión

Transmisión de licenzas de taxis:

Consentimento para acceso a datos da Seguridade Social en expedientes de transmisión de licenzas de taxi.  Transmisión de licenzas de taxi

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión