Concello da Coruña

Concello da Coruña

Modernización e ampliación do servizo público de bicicletas

A Alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo Concelleiro de Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Galego, presentou o 07/06/22 a renovación e ampliación do servizo público de préstamo de bicicletas da Cidade da Coruña.

Inés Rey: “As novas bicis eléctricas serán a base dunha mobilidade moderna e sostible para A Coruña”

O sistema actual de préstamo de bicicleta pública do Concello da Coruña, BICI-CORUÑA, está composto na actualidade por 23 estacións aparcabicis, distribuídas ao longo da cidade, cun total de 356 ancoradoiros e 180 bicicletas en rotación.

Despois de máis de doce anos de funcionamento e crecemento continuo en persoas usuarias e usos, proponse como estratexia de cidade a renovación completa e ampliación do Sistema de Préstamo de Bicicletas, denominado BICICORUÑA, para o que se suxire un sistema mixto con bicicletas con apoio ao pedaleo, comunmente coñecidas como bicicletas eléctricas, e convencionais. A finalidade da ampliación do sistema así como a introdución da bicicleta eléctrica é acceder a zonas da cidade máis afastadas que nestes momentos están desconectadas do sistema, fomentando así o uso da bicicleta como alternativa de transporte para a cidadanía potenciando unha mobilidade sostible.

Impulsouse dentro da Estratexia Eidus Coruña con Fondos FEDER, unha contratación para subministrar un total de 514 bicicletas (342 mecánicas e 172 con apoio ao pedaleo) e 55 estacións, xunto cun sistema de xestión TIC mediante web e app; con esta renovación preténdese mellorar a rede ciclable existente, así como fomentar e facilitar o uso dos itinerarios propostos, coa mellora da intermodalidade bici/transporte público. As estacións destinaranse a substituír as 23 actuais que quedaron obsoletas e as 32 restantes situaranse en localizacións de todos os barrios da cidade que se decidiron pola cidadanía nos procesos participativos dos orzamentos municipais. Dotarase a cidade da Coruña dun sistema de préstamo de bicicletas moderno, seguro e en liña das principais cidades europeas, favorecerease a mobilidade peonil e ciclista e aumentarase o atractivo do espazo peonil.

II fase

Dentro dos Fondos Next Generation, incluíuse unha segunda actuación de ampliación do parque de bicicletas, co obxectivo de aprovisionamento de 165 bicicletas con apoio ao pedaleo para impulsar o uso deste xeito de transporte activo entre a cidadanía. Complementarase coa adquisición por parte do Concello de 75 prazas de aparcabicis seguros de uso público. Estes elementos instalaranse en puntos de intermodalidade existentes próximos a estacións e estacionamentos disuasorios, incluíndo lugares de transbordo tanto de autobuses urbanos como interurbanos.

Estas medidas tratan de favorecer a mobilidade ciclista, inclusiva e universal, reducir a contaminación asociada ao uso de vehículos, desenvolver unha política integral da bicicleta, facilitar os desprazamentos en bicicleta fomentando os modos non motorizados e diminuír a emisión de gases contaminantes e ruído.

Descubre as novas estacións aquí.

A Coruña comeza a Fase I de instalación das novas estacións de Bici-Coruña.

Nesta primeira parte un total de 23 estacións poñeranse en marcha, das cales 13 delas terán novas localizacións e as outras 10 substituiranse por outras máis modernas.

O Concello promove a renovación e ampliación da rede de puntos do servizo municipal de préstamo de bicicletas, incorporando vehículos con axuda ao pedaleo mediante tecnoloxía eléctrica.

Apostando unha vez máis por unha nova mobilidade, na que tenta poñer ao alcance de todos outros medios de transportes, creando unha visión máis de accesibilidade e máis adecuada para unha cidade que pedalea.

As primeiras 23 bases da Fase I son:

  1. Millennium
  2. Casa da auga
  3. Praza de Pontevedra
  4. Aquarium
  5. Torre de Hércules
  6. Porto - Palexco
  7. Obelisco
  8. Estación Autobuses
  9. Estación Tren
  10. Miradoiro dos Castros
  11. Os Rosales
  12. Praza das Conchiñas
  13. Praza de Vigo
  14. Praza de Tabacos
  15. Aparcadoiro Matogrande
  16. Casa de Sol
  17. Campo de Marte
  18. Campo da Leña (Praza de España)
  19. Praza de San Rosendo
  20. Paseo das Pontes
  21. Centro Cívico Monelos
  22. Porta Real
  23. Centro Deportivo Castrillón
  • Servizo público de bicicletas BICI-CORUÑA 2022

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión