Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Se es ciclista, consulta os consellos para mellorar a túa seguridade.
UTILIZA SEMPRE O CASCO
- É obrigatorio en vías interurbanas, pero recomendable utilizalo tamén en cidade. É o noso único elemento de seguridade pasiva e absorberá a enerxía do impacto na cabeza.
- Sexas profesional, cicloturista ou principiante, usa o casco SEMPRE.
CIRCULACIÓN EN GRUPO
- Está permitido circular en fila de a un ou en columna de dous en dous como máximo. En ambos os casos, o grupo funciona como un só vehículo e debe circular o máis á dereita posible da vía.
Saír en grupo debería mellorar a seguridade:
- Un grupo de ciclistas é máis visible a ollos das persoas condutoras de vehículos de motor.
- Ante calquera neglixencia do resto de persoas condutoras, sempre haberá testemuñas. Se hai avarías ou accidentes, o resto de ciclistas debería ser solidario.
- E se circulas en ringleira, e tes que dar remudas, asegúrate de que non se aproxima ningún vehículo cando inicies o adiantamento.
RESPECTO ÁS NORMAS DE CIRCULACIÓN
FAITE VER:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible