Concello da Coruña

Concello da Coruña

O barrio e os comerciantes

O Concello da Coruña conta xa co informe favorable do Consello Territorial de Patrimonio da Xunta para levar a cabo a reforma da contorna de San Agustín.

A proposta presentada polo Goberno local recolle as achegas de placeras/vos, veciñanza e comerciantes. Neste sentido, o proxecto, que xa conta coa supervisión municipal e co informe favorable de Patrimonio, non establece ningunha actuación que impida o tránsito de vehículos por cálelas Marqués de Pontejos, Pío XII, San Agustín ou Xoán XXIII. Con todo, explican desde a concellería, un estudo de mobilidade sinala a necesidade de restrinxir o tráfico en determinados horarios, unha restrición que, polo momento, non se vai a executar e que, tal e como se acordou, pactarase coa veciñanza e coas/cos comerciantes.

Villoslada aclarou que a supresión total da circulación nunca formou parte do proxecto e lembrou que estas obras desenvolveranse xunto a outras actuacións encamiñadas a mellorar a accesibilidade no barrio, como son o proxecto de comunicación vertical entre Panadeiras e Pío XII e o plan para darlle continuidade ao bus urbano ata cale Sol, co fin de que chegue o transporte público.

A actuación, que conta cun orzamento de 822.579 euros, estipula zonas de estacionamento regulado para persoas residentes (que non existen na actualidade), maiores zonas de carga e descarga e prazas de rotación e garante a accesibilidade en todo o ámbito, xunto cun aumento significativo das zonas peonís, xa que con esta iniciativa o concello busca darlles prioridade ás áreas peonís e humanizar a zona.

O proxecto, redactado polo estudo LCG Arquitectura, representa unha mellora notable nos espazos peonís da contorna de San Agustín dotándoos de mellor calidade no pavimento e maior superficie. Plantaranse árbores e instalarase novo mobiliario urbano. Ademais, está previsto que se reordenen as áreas de aparcadoiro, co fin de que que non lle afecten á mobilidade peonil, que se verá potenciada coa peonalización dun pequeno tramo da rúa entre o mercado e a igrexa de San Xurxo.

Ademais, a reordenación tamén permitirá unha mellor visualización do mercado, proxectado nos anos 30 polos arquitectos Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro Rodríguez.

O edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, sinalou que a proposta, que lles foi presentada ás placeras/vos en xullo nunha reunión no propio mercado, recolle as achegas deste colectivo, así como da veciñanza e das e dos comerciantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión