Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rede de Cidades por unha Mobilidade con Baixas Emisións

Sesión informativa, o 3 de febreiro de 2022

A Rede de Cidades por unha Mobilidade con Baixas Emisións, realiza un novo encontro en liña, o 3 de febreiro de 2022, unha Sesión informativa , configurada pola presentación xeral da rede e o seu comité técnico, ademais de avanzar a programación das xornadas sobre o despregamento de ZBE.

A respecto dos comités técnicos de traballo da Rede xa están constituídos os tres primeiros:

Comité C1, Calidade do aire

Comité C2 Criterios das Zonas de Baixas Emisións

Comité C3 Solucións tecnolóxicas para o despregamento de ZBE

O primeiro comité, a calidade do aire, estará liderado polo Concello da Coruña que propón traballar na definición de métodos comúns de avaliación da calidade ambiental nesas zonas, co obxecto de que sexan representativos e comparables. Analízanse as metodoloxías tradicionais baseadas nas esixencias regulamentarias e a explotación de novos métodos emerxentes, sinalou Guillermo Leira da Sección de Calidade Ambiental do Servizo Municipal de Medio Ambiente. Destacou tamén a dimensión da saúde, na medida que se trata do fin último de calquera medida dirixida á redución das emisións contaminantes nas cidades, polo que será un elemento moi destacable no traballo en rede. A definición dos obxectivos de calidade, por tanto, serán un permanente elemento de debate, especialmente no que se refire ao establecemento de metas baseadas nas diferentes recomendacións da OMS e na lexislación que regula o noso aire ambiente.

O segundo comité de traballo, criterios das zonas de baixas emisións, analizará os tipos de zonas de baixas emisións e as súas repercusións en normativas e cidades.

O terceiro comité, solucións tecnolóxicas para o despregamento de ZBE, estudará a arquitectura tecnolóxica necesaria para o despregamento das ZBE.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión