Concello da Coruña

Concello da Coruña

Seguridade para as peoas e os peóns

A actuación, que dotará a rúa dunha plataforma única, servirá para velar pola seguridade das peoas e os peóns e supoñerá unha mellora para a cidadanía, que gozará do novo mobiliario urbano e zonas verdes.

O concello pon en marcha o proxecto de humanización da rúa Rampla do Matadoiro e o tramo do Paseo Marítimo entre a propia rúa e o paso de peóns na confluencia coa rúa Curros Enríquez. Desta forma, o concello continúa co seu plan Coruña Camiña para levar melloras de accesibilidade a todos os barrios da cidade. A actuación, que conta cun orzamento de 548.863 euros e un prazo de catro meses, consiste na remodelación e transformación nunha única plataforma da rúa, así como a renovación da rede de rede de sumidoiros, a iluminación pública, a plantación de árbores e especies vexetais e na instalación de mobiliario urbano.

O obxectivo destas accións é mellorar as condicións de accesibilidade e seguridade da zona, así como crear novos espazos de lecer para a cidadanía. Para iso, ampliarase a zona peonil desta rúa eliminando prazas de aparcamento situadas no bordo das vivendas e dotándoa dunha única plataforma con beirarrúas diferenciadas para vehículos e persoas, o que reforza o concepto de rúa cunha clara prioridade peonil.

O concello continúa con accións encamiñadas a recuperar espazos urbanos de convivencia en todos os barrios da cidade nunha clara aposta pola humanización e a mobilidade sustentable, por unha cidade que camiña e usa o transporte público.

A superficie total a renovar é de 1.784 m²

Zona peonil 1.180 m²

Zonas verdes e 603,25 m² de calzada

En canto á renovación do sistema de iluminación, as luminarias de fachada actuais que xa están obsoletas serán substituídas por luces LED nunha columna no bordo da zona peonil da rúa Rampla do Matadoiro e, como reforzo, a iluminación existente no novo paso de peóns situado na confluencia da rúa rampla Matadoiro e o Paseo Marítimo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión