Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sesión Plenaria 27 de Marzo de 2023

O concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz, presidiu a Sesión Plenaria da Mesa de Mobilidade

O pasado 27 de Marzo de 2023 tivo lugar na Sala Leonardo da Vinci da Domus, a Sesión Plenaria da Mesa pola Mobilidade Sostible, o Concelleiro estaba acompañado na Mesa Presidencial por Antonio Alfeirán, Director de área de Mobilidade, Comisionado para a Mobilidade e Secretario da Mesa.

O Concelleiro de Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, comeza a súa intervención dando as grazas a todos por asistir a unha nova sesión plenaria da Mesa de Mobilidade.

Un punto de encontro para todos os implicados na mobilidade da cidade, como ben fai referencia na Declaración da Coruña por unha Mobilidade máis Sostible .

En primeiro lugar o Presidente da Mesa, comenta por estar de actualidade, a inauguración realizada pola Alcaldesa da Coruña, Inés Rey, do Centro Integral da Mobilidade

CIMoB é un novo espazo para interconectar e controlar os diferentes sistemas dixitais que permiten a xestión automatizada da mobilidade na cidade, un espazo onde ademais das actuais cámaras de vixilancia tanto municipais como da DXT, impleméntase toda a tecnoloxía nova relativa á mobilidade, intelixencia artificial e medio ambiente, conseguido pola primeira convocatoria dos Fondos Next.

Ademais ofreceu información sobre a segunda convocatoria de Fondos Next, da que se está agardando a resolución e que suporá unha notable mellora tanto no servizo actual de Bici-Coruña como con máis de 6.000.000 € en obras de reurbanización ao longo de toda a cidade.

O Presidente presentou aos asistentes os premios recibidos, por unha banda o da Rede de Cidades que Camiñan, na categoría de cidades de máis de 100.000 habitantes, no que se recoñecen as intervencións e melloras de espazos públicos englobados no programa de Coruña Camiña, en concreto o da Rolda Peonil, proxectos creados e impulsados por este goberno local. Por outra banda, o premio da Rede de Cidades pola Bicicleta, na categoría de aceleración, premiando o forte impulso na Coruña o ano 2022, tanto coa implementación da nova Bici-Coruña, como a execución dos novos carrís bici, vías ciclables e a interconexión da rede ciclista existente.

Fixo referencia á mobilidade peonil da cidade, o importante esforzo que se está facendo no trazado da Rolda Peonil, estase a piques de terminar o tramo de Alcalde Marchesi entre Puga e Parga e Gaiteira, así como outro o de Ramón Cabanillas, entre San Vicente e Sofía Casanova, comentar que está finalizada a obra de peonalización de Emilia Pardo Bazán e as obras de reurbanización da rúa San Andrés, sendo unha importante aposta para os espazos peonís.

A respecto da mobilidade do transporte público colectivo, cos importantes descontos no bus urbano quedando tarifas para o 2023 cun desconto do 50 %, estes cambios resúmense na tarifa xeral queda en 0.38 €, os universitarios 0.15 €, e os perfís sociais pagasen 0.12€, sendo a maior baixada de tarifas do bus urbano da historia, dando os seus froitos polo incremento de usuarios e usuarias que se está producindo en transporte colectivo.

En canto á mobilidade en bicicleta e vehículos de mobilidade persoal, cita o éxito que está a ter o novo servizo de Bici-Coruña, coas súas 35 estacións novas instaladas en rúa, 2 máis que poñeranse en marcha esta semana na rúa Picavia e Ágora, e proximamente en Catro Camiños, Mercado de Monte Alto e Eiris. A previsión será terminar no mes de abril con 45 estacións activas, case o dobre das que existían no anterior sistema. Por tanto o investimento nos novos carrís bici e VMP como de Pablo Picasso e Paxariñas, o de avenida da Habana, avenida de Fisterra ou Ramón y Cajal, glorieta da avenida do Exército.

E por último na mobilidade de vehículo particular facer referencia á aposta que se está facendo ás novas bolsas de estacionamentos vinculados aos barrios, concretamente á bolsa de estacionamento no barrio de Labañou, obras de reurbanización do grupo María Pita, e o incremento nas zonas de estacionamento de residentes en todos os sectores da cidade que están todas implementadas e cambios realizados.

Nesta Sesión Plenaria contouse con Iago Domínguez, Xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia, que presentou os retos que se expoñen para a mellora da mobilidade na cidade equilibrando as dimensións loxística, técnica e urbanística para os diferentes axentes e que, no caso da distribución urbana de mercadorías, alcanza a 5 tipoloxías diferentes e con necesidades e solucións diferentes. En todo caso, a mellora da situación pasa por dous obxectivos, minorar o volume de tráfico e reducir as emisións relacionadas con el.

E por último Jaime Castiñeira de la Torre, intervén como Director Xeneral de EMVSA, comezando por un breve resumo dos antecedentes dos inicios do sistema público de préstamos de bicicletas, coñecido como Bicicoruña, cuxa posta en marcha foi encomendada a Emalcsa e Emvsa no mes de decembro do 2008, comezando a súa actividade para mediados de xullo de 2009. Fai unha pequena reseña sobre os continuos crecementos que foi experimentado o servizo ata chegar á situación actual tras a recente renovación e ampliación do servizo grazas á achega municipal e aos fondos europeos EIDUS. A implantación de novas estacións e a introdución da bicicleta eléctrica supusxo un grande impulso ao servizo, como así o demostran as diferentes estatísticas mostradas cun aumento considerable do número de usuarios e usuarias e de usos, alcanzando cifras nunca vistas de usos, superando xa os 3.000 usos diarios. Facendo fincapé na gran demanda do uso de bicicleta eléctrica fronte ao uso de bicicleta mecánica, a bicicleta mecánica úsase o triplo de veces a días que o uso da mecánica. O concello da Coruña xa está a traballar na ampliación da frota de bicicletas eléctricas, ademais das estacións fornecidas cos fondos EIDUS, están instaladas e en funcionamento 37 estacións, polo que o sistema seguirá crecendo en próximas datas ata alcanzar as 55 estacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión