Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Informe técnico do equipo de Atestados da Policía Local da Coruña, co estudo sobre as circunstancias que rodean o accidente (datos das persoas implicadas, desenvolvemento dos feitos, responsabilidade, reportaxe fotográfica e gráfico ou debuxo).
Nas oficinas do rexistro que o Concello ten habilitadas en:
Palacio Municipal. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña
Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña
- Cubrir e entregar o impreso de solicitude
Unha vez recibida a solicitude en Atestados de Policía Local, informarase a persoa solicitante se existe ou non atestado co fin de que se o hai poida recollelo.
- Aboar (unha vez confirmado que existe atestado) na Área Económica Municipal (rúa Franxa, 20 baixo) a taxa establecida na ordenanza fiscal
O impreso de solicitude pódese:
- Entregar na oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou
- Enviar ao fax núm. 981 184 240
Entrega do atestado:
De forma presencial na oficina de Atestados da Policía Local da Coruña, na rúa Tui núm. 21.
É necesario entregar o xustificante de aboamento da taxa correspondente, logo do previo pago na Área Económica Municipal.
Para aseguradoras do resto do territorio nacional, os atestados serán retirados por persoal das empresas de mensaxería que contraten ou persoa autorizada por elas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible