Concello da Coruña

Concello da Coruña

Stop Accidentes

ONG fundada para familiares e amizades de vítimas de accidentes de tráfico. Préstalles servizos ás persoas afectadas, concienciación da sociedade, prevención infantil e xuvenil, prevención para colectivos de risco e maiores de 65 anos, asesoramento psicolóxico, xurídico e social.

Móvete seguro

Stop Accidentes, en colaboración con Fundación Mujeres e a Asociación Provincial de Amas de Casa da Coruña, realiza unha acción informativa de prevención nos desprazamentos peonís.

É unha campaña que tenta concienciar a que todas e todos somos peóns, as persoas maiores tamén o son, e con esta iniciativa diríxese a este colectivo para concienciarlos/as sobre a necesidade de mellor a súa actitude viaria e influír positivamente na dos demais.

Agora imos andando ao cole

Stop Accidentes, uníndose á Semana Europea da Mobilidade, realizou na carpa do Obelisco da Mobilidade unha exposición de traballos gañadores do Concurso de cartas e debuxos, edición A Coruña, coa participación dos centros educativos que forman parte do proxecto de Cidade Camiño Escolar Seguro ANCAS desde o ano 2012.

Unha mostra do concurso que desenvolve en colaboración co Concello da Coruña, Deputación, Dirección Xeral de Tráfico e Fundación Mapfre

Stop accidentes, como cada ano, colaborou co Concello da Coruña na celebración da Semana Europea da Mobilidade, con actividades dirixidas a todos os públicos.

O taller de chapas é unha das que máis lle gusta aos pequenos e ás pequenas da casa, levárona a San Andrés o Día sen Coche e produciu unha grande aceptación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión