Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta de residentes para a zona ORA

En que consiste?:

Cartón que permite estacionar nas zonas resevadas para residentes no sector que figure no cartón e na franxa horaria que ocupa a zona ORA.

Onde se fai?:

A solicitude presentarase:

- Nas oficinas da empresa concesionaria SETEX, na Avda. Fernández Latorre, 11

ou

- No correo electrónico residentes@coruna.setex.es

Teléfono de contacto da oficina tramitadora: 881 123 938

Prazo de presentación:

Prazo de solicitude:

Desde o 16 de decembro de 2019 ao 31 de Xaneiro 2020 (ambos inclusive). Fóra do devandito prazo, con carácter excepcional, soamente poderá solicitarse cartóns para novos vehículos, por cambio de domicilio ou outras causas debidamente xustificadas; debendo entregar, no seu caso, o cartón que o solicitante xa tiver no seu poder.

As persoas que soliciten o cartón fóra de prazo, así mesmo acudirán ás oficinas habilitadas para o efecto da empresa concesionaria SETEX , en Avda Fernández Latorre nº11 coa documentación necesaria, xustificando documentalmente a solicitude fóra de prazo.

Presencial

Que se necesita?:

A entrega do cartón, distintivo de estacionamento de Uso de Residente, está supeditada ao cumprimento dos requisitos mencionados e ao pago do prezo público correspondente.

O período de vixencia do cartón terminará o 31 de decembro de cada ano. O cartón deberá indicar a matrícula do vehículo para o que se concede e o Sector no que ten validez o estacionamento. O cartón do ano en curso deberá ir pegada na parte interior do parabrisas en lugar visible para a súa comprobación.

O cartón de residente non terá validez nos espazos de Uso Xeral

Soamente poderana adquirir as persoas físicas. Non existe un máximo de cartóns por domicilio, nin por titular, a condición de que se cumpran os requisitos que se enumeran a continuación, pódense solicitar as que se desexen (unha por vehículo):

  • Ter o seu domicilio en zona ORA.
  • Ser titular do vehículo para o que se solicita o cartón.
  • Abonar a taxa establecida por un importe de 18,65 € (Ordenanza Fiscal nº 21).
  • Estar ao corrente de pago do IVTM neste Concello, ou gozar de exención.
  • Non ter pendente de pago en vía executiva sancións de circulación co Concello no momento de efectuar a solicitude.

Documentación (solicitude por 1ª vez e renovación):

A solicitude do cartón de residente farase no prazo fixado mediante presentación de instancia, na que se expresará a matrícula do vehículo e acompañarase cos documentos seguintes:

  • Impreso de solicitude xeral
  • Fotocopia do DNI do solicitante.
  • Fotocopia do permiso de circulación do vehículo.
  • Fotocopia do xustificante de pago da póliza do seguro obrigatorio en vigor.

Documentación cambio de vehículo (por baixa definitiva ou venda do mesmo):

Se durante o período de vixencia do cartón, o titular da mesma, cambia de vehículo, deberá notificalo achegando a documentación indicada no punto anterior, ademais da seguinte:

  • No suposto de baixa definitiva do vehículo, copia do xustificante que acredite dita situación.
  • No suposto de venda do vehículo, cartón de residente (orixinal).

Se non se achega esta documentación, o interesado poderá tramitar igualmente a solicitude pero, tomarase como unha alta nova, por tanto, terá que abonar a taxa vixente.

Internet

Teléfono

Máis información:

Sector 1

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Rúa Nova, Santo André, Sol, Barrié de la Maza, Curros Enríquez, Torre, Pza. España, Pza. Millán Astray, Costa de Santo Agustín, Pza. Marqués de San Martín, Pza. María Pita, María Barbeito, Paseo da Dársena, Avda. Alférez Provisional, Alcalde Casás, Avda. Mariña e Marchesi Dalmau

1.1 Zona de uso xeral

Alcalde Casás, Corralón, Curros Enríquez, Hospital, Juan Canalejo (Sol - Corralón), María Victoria Fernández España, Avda. Mariña, Avda. Montoto, Santo André (Xeneral Mola - Rúa Nova), San Roque e Zalaeta

1.1.1 Zona de uso xeral de curta duración I

Xoán XXIII, Marqués de Pontejos, Pío XII, Torre

1.1.2 Zona de uso xeral de curta duración II-Aparcadoiro Express

Marqués de Pontejos e Santo André (Xeneral Mola-Rúa Nova)

1.2 Zona de uso de residentes

Campo de Artillería, Disciplina, Independencia, Xustiza, Praza María Auxiliadora, rúa Orzán (Praza Pintor Alvarez Sotomayor - Sol), Panadeiras, San Nicolás, Sol, Traballo, Travesía da Torre e Tren

1.3 Zona de uso mixto (xeral e residente)

Costa de Santo Agustín, Don Bosco, Marqués de Pontejos, Marqués de San Martín

Sector 2

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juana de Vega, Pza. Pontevedra, Rexedor Somoza, Barrié de la Maza, Sol, Santo André, Rúa Nova, Marchesi e Dalmau, Avda. Mariña, Alcalde Casás, Avda. Alférez Provisional e Sánchez Bregua

2.1. Zona de uso xeral

Avda. Alférez Provisional (Chafariz gasolina), Comandante Fontanes, Durán Loriga, Entrexardíns, Fiscal José Gómez Naveira, Juan Canalejo (rúa Alta - Sol), Santa Catalina e Santo André (rúa Nova-Alameda)

2.1.1 Zona de uso xeral de curta duración II-Aparcadoiro Express

Santo André (rúa Nova-Alameda)

2.2. Zona de uso de residentes

Alameda, Hortas, Travesía de Hortas, rúa Orzán (Sol - Pza. Pontevedra), Pasadizo do Orzán

2.3. Zona de uso mixto (xeral e residente)

Cordelería

Sector 3

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juan Flórez (números impares, e pares do 2 ao 84) , Pza. Pontevedra, Modesta Goicouría, Avda. Pedro Barrié de la Maza, Rexedor Somoza, Pza. Pontevedra, Juana de Vega, Sánchez Bregua, Pza. Ourense, Avda. Linares Rivas e Avda. Alfonso Molina.

3.1. Zona de uso xeral

Federico Tapia, Francisco Mariño, Juan Flórez, Juana de Vega, Picavia, Rosalía de Castro e Teresa Herrera

3.1.1. Zona de uso xeral de curta duración I

Praza de Lugo

3.1.2 Zona de uso xeral de curta duración II-Aparcadoiro Express

Federico Tapia, Francisco Mariño, Rosalía de Castro e Praza de Pontevedra

3.2. Zona de uso de residentes

Avda. Alfonso Molina, Arcebispo Lago, Compostela, José Cornide, Fernando González, Fonseca, Fontán, Marcial del Adalid, Modesta Goicouría, Notariado, Padre Feijóo, Pza. Galicia, Pza. Ourense, Pintor Joaquín Vaamonde e Ramón de la Sagra.

3.3. Zona de uso mixto (xeral e residente)

Betanzos, Emilia Pardo Bazán, Ferrol, Avda. Linares Rivas e Menéndez Pelayo

Sector 4

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juan Flórez, Avda. Arteixo, Uruguai, Glorieta de América, Palomar, Paseo das Pontes, Avda. Calvo Sotelo, Praza de Portugal, Avda. Buenos Aires, Avda. Pedro Barrié de la Maza, Modesta Goicouría e Pza. Pontevedra

4.1. Zona de uso xeral

Alfredo Vicenti, Avda. Arteixo, Avda. Buenos Aires, Bolivia, Cabo Santiago Gómez, Cidade de Lugo, Fernando Macías, Glorieta de América, Avda. Finisterre, José Luís Pérez Cepeda, Maxistrado Manuel Artime, Médico Rodríguez, Palomar, Praza Portugal, Avda. Rubine e Uruguai

4.2. Zona de uso de residentes

Costa Rica, Donantes de Sangre, Historiador Vedía, Lagar, Praza Mestre Mateo, Paseo das Pontes, Rei Abdullah e Santiago de la Iglesia

4.3 Zona de uso mixto (xeral e residente)

Av. Calvo Sotelo, Comandante Barja e Pondal

Sector 5

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Juan Flórez (números pares do 86 ata ao 148), Fernando Rey, Ronda de Nelle e Avda. Arteixo

5.1. Zona de uso xeral

Divisón Azul, Dr. Fleming (Sinforiano López - Pasadizo de Pernas), Inés de Castro (Pla y Cancela - Dr. Fleming), Ronda de Nelle, Pla y Cancela e Wenceslao Fernández Flórez

5.1.1. Zona de uso xeral de curta duración I

Dr. Fleming (Pasadizo de Pernas - Inés de Castro), Inés de Castro (Dr. Fleming - Médico Durán), Médico Durán (Pasadizo de Pernas - Wenceslao Fernández Flórez), Pasadizo de Pernas (Dr. Fleming - Médico Durán)

5.2. Zona de uso de residentes

Alcalde Soto González, Alfonso VII, Falperra, Industrial, Pza. Libro, Médico Durán (División Azul - Pasadizo de Pernas e Wenceslao Fernández Flórez - Tenente Xeneral Gómez Zamalloa), Río Eume, Río Miño, Río Sar, Río Tambre, Travesa do Monte e Vila de Laxe

5.3. Zona de uso mixto (xeral e residente)

Enrique Dequidt Hevia, Juan Castro Mosquera, Nicaragua, Sinforiano López e Tenente Xeneral Gómez Zamalloa

Sector 6

Abarca a superficie situada dentro do perímetro delimitado polas vías seguintes:

Avda. Primo de Rivera, Lope de Vega, Avda. Exército, Río Monelos, Alcalde Marchesi, Ramón y Cajal, Alcalde Pérez Ardá, Rolda de Outeiro, Cabaleiros, Alfonso Molina 5-7, Alexandre Bóveda, Fernando Rey e Avda. Alfonso Molina

6.1. Zona de uso xeral

Alcalde Marchesi, Alcalde Pérez Ardá, Alexandre Bóveda, Benito Blanco Rajoy, Cigarreras, Concepción Arenal, Avda. Exército, Estación de Autobuses, Fernando Rey, Avda. Xeneral Sanjurjo, Manuel Piñeiro Pose, Marqués de Amboage, Nicomedes Pastor Díaz, Novoa Santos, Avda. Primo de Rivera, Ramón y Cajal e Viaduto

6.2. Zona de uso de residentes

Alcalde Puga y Parga, Brasil, Cabaleiros, Cabana, Castiñeiras de Abaixo, México, Primavera, Río Monelos e Santa Lucía

6.3. Zona de uso mixto (xeral e residente)

Avda. Alfonso Molina 5-7, Castro Chané, Avda. Chile, Fernández Latorre, Costa da Palloza, Palloza e Perpetuo Socorro

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión