Concello da Coruña

Concello da Coruña

'Xornadas sobre Dixitalización da Mobilidade Urbana e o despregamento de Zonas de Baixas Emisións'

Máis de 200 profesionais debaten en Oviedo sobre dixitalización da mobilidade urbana e o despregamento das zonas de baixas emisións

O Alcalde de Oviedo inaugurou o 17 de Marzo as 'Xornadas sobre Dixitalización da Mobilidade Urbana e o despregamento de Zonas de Baixas Emisións', que se desenvolverán ata o 18 de Marzo no Auditorio, xunto a Jaime Moreno, máximo responsable da Dirección Xeral de Transporte Terrestre do Ministerio de Transporte; Sebastián da Rica Castedo, presidente da Asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade e Antonio Alfeirán Rodríguez do Concello da Coruña.

A cidade de Oviedo, aspira a ser un «referente» da rede, cuxa vicepresidencia ostenta o Concello da Coruña. Na inauguración das Xornadas sobre Dixitalización da Mobilidade Urbana e o despregamento de Zonas de Baixas Emisións, organizadas pola Asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade, participan un total de 200 profesionais de forma presencial e outro medio centenar a través da emisión en liña.

O presidente da asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade, Sebastián de la Rica Castedo, explicou que debido á Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética as cidades de máis de 50.000 habitantes teñen que actuar en materia de transporte e zonas de baixas emisións.

O concelleiro de Infraestruturas e Primeiro Tenente de Alcalde, Nacho Cuesta, quen se mostrou convencido "de que haberá unha segunda liña de fondos europeos á que podamos concorrer. O proxecto estaba presentado como segunda prioridade e por iso non se conseguiu o financiamento en primeira instancia.

Na inauguración, á que asistiron distintos representantes do equipo de goberno, tamén participaron, Antonio F Alfeirán Rodríguez do Concello da Coruña, municipio que ostenta a vicepresidencia en Rede de Cidades de Baixas Emisións e Jaime Moreno, máximo responsable da Dirección Xeral de Transporte Terrestre do Ministerio de Transporte quen tamén foi o primeiro relator desta xornada cunha charla sobre a xestión dos Fondos Next Generation e as esixencias do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no desenvolvemento dos proxectos presentados.

José Ramón Prado, preside unha mesa redonda titulada "Concepto e tipos de Zonas de Baixas Emisións" na que participarán José Javier Rodríguez Hernández, Dirección Xeral de Xestión e Vixilancia da Circulación do Concello de Madrid; Félix Campos Les, Técnico de Mobilidade do Concello de Barcelona; Jesús Sánchez Company, xefe de Sección de Regulación da Circulación do Concello de Valencia; Jesus Alba López, CEO de PMUS & CIVIL; Davide de Sanctis, CEO de OctoTelematics e Arturo Corbí Vallejo , Head of Head of Sustainable Mobility de NTT Data.

Dentro do programa de asistentes, na sección de "Calidade do Aire", Guillermo Leira Nogales, Xefe de Sección de Calidade Ambiental do Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, realizou a presentación de:

"Reflexións sobre a avaliación da calidade ambiental nas ZBE: experiencia na Coruña".

A presentación tratou de resaltar a nova dimensión que adquiren os concellos coa entrada en vigor das Zonas de Baixas Emisións en relación coa avaliación e xestión da calidade do aire e do ruído. Destacouse que con arranxo á normativa vixente só os concellos de certo tamaño (>250000 hab) deben dispoñer de ferramentas para levar a cabo medicións e/ou cálculos para coñecer o estado da súa atmosfera, pero agora, coa Lei de Cambio Climático, os de máis 50000 habitantes, e mesmo nalgún caso os de máis de 20000, ten obrigación de implementar estas figuras de protección, as ZBE e, consecuentemente, instrumentos para avaliar a evolución desde o punto de vista da súa calidade ambiental.

Tomando como referencia a experiencia da Coruña, fíxose un percorrido por todas as posibilidades existentes para acometer este reto con exemplos prácticos de como vén realizando na nosa cidade, desde aquel primeiro inventario e estudo de dispersión do ano 2004, a implantación dunha das mellores redes de vixilancia da calidade do aire do estado español, os estudos de dispersión e os modelos de predición e a súa aplicación práctica na detección de fontes contaminantes.

Finalmente fíxose referencia ás ferramentas similares que dispoñemos para a avaliación do ruído ambiental, e aos proxectos de futuro que se acometerán para levar a cabo melloras específicas dirixidas á zona de baixas emisións da Coruña e o proceso de reflexión que levará a cabo dentro do Grupo de Traballo de Calidade do Aire, que preside A Coruña, dentro da Rede de Cidades cunha Mobilidade Baixa en Emisións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión