
Coa Ordenanza de Mobilidade Sustentable, aprobada definitivamente o 11 de setembro de 2025, implantouse a denominada ZBE Centro, cuxa delimitación pode verse na seguinte ligazón:
Artigo 20. Zona de Baixas Emisións da Coruña (ZBECoR en diante)
1. Establécese unha zona de baixas emisións denominada ZBE CENTRO na contorna delimitada no Anexo II desta Ordenanza, que comprende a Cidade Vella, Avenida da Mariña, Paseo do Parrote e determinadas rúas da Pescadería, permitíndose no devandito territorio a circulación exclusiva do transporte público, os servizos de emerxencia e os vehículos especialmente autorizados, así como o transporte que realiza carga e descarga de mercadorías en determinadas franxas horarias segundo a súa etiquetaxe ambiental.
2. O acceso e circulación de vehículos na ZBE unicamente estará permitido a:
3. Poderán obter o distintivo de vehículos autorizados para acceder e circular aqueles que se axusten ás condicións establecidas no Decreto da Alcaldía de 27 de marzo de 2017 polo que se regulan as zonas peonís reguladas (ZPR) e o Decreto da Alcaldía do 1 de xuño de 2018 polo que se delimita o ámbito da Cidade Vella como área de preferencia peonil.
4. Non se poderá estacionar no ámbito da ZBE CENTRO excepto nos casos das excepcións indicadas para o estacionamento nos decretos citados no punto anterior.
5. A sinalización da ZBE CENTRO será a que se indica no Anexo III desta ordenanza, dispoñéndose nos límites de dicha ZBE CENTRO, cos paneis complementarios que se necesiten para unha maior claridade. Este Anexo III poderá ser modificado por Decreto de Alcaldía.
6. Os ciclos, as bicicletas e os VMP poden circular pola ZBE respectando en todo caso as normas de circulación establecidas na Ordenanza para as zonas peonís, onde só poderán circular os ciclos e bicicletas se a sinalización así o recolle explicitamente, e sempre a unha velocidade máxima de 10 Km/h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible