Concello da Coruña

Concello da Coruña

ANSELM, de Wim Wenders

Salga Marilyn Monroe - Ciclo Wim Wenders

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/04/2026 ata o 18/04/2026

Horario:

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Duración:

93 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné novo, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para poder aplicar os descontos, é imprescindible que presente o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Sesión do/a espectador/a: sábado, ás 17.30 h-Prezo único: 1,50 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a proxección.
  • Ao acceder á sala de cinema, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos nin bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cine teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca.
  • Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderanlle ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Documental

Alemaña, 2023

93 minutos-VOSE

Non recomendada para menores de 7 anos

HORARIO: xoves e venres ás 20.00 h / sábado: ás 17.30 e ás 20.00 h

Anselm Kiefer é un dos mellores artistas contemporáneos. O seu pasado e presente entrelázanse para difuminar a liña entre o cinema e a pintura e bríndannos así unha experiencia cinematográfica que se mergulla profundamente no traballo dun artista e que revela o camiño da súa vida.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección, desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión