Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estación de Autobuses da Coruña

Para calquera información referente a horarios de transporte de persoas viaxeiras, debe dirixirse á Empresa de Transporte do itinerario que queira consultar.

Punto de saída, chegada ou tránsito de autobuses de transporte de viaxeiros, equipaxes e encargos por estrada.

Con destinos locais, provinciais, nacionais e internacionais.

A súa situación, próxima ao céntrico barrio de Catro Camiños, permítelles ás persoas viaxeiras un rápido desprazamento a través do bus urbano a calquera punto da cidade.

Servizos e instalacións da estación:

PLANTA PRINCIPAL:

Entrada adaptada para persoas con mobilidade reducida

Información ás persoas usuarias

Consignas automáticas para equipaxes

Facturación de paquetería

Rede WI-FI gratuíta

Pantallas e megafonía automáticas con información de saídas e chegadas

Vixilancia e seguridade privada

Aseos de señoras e cabaleiros

Despachos para a venda de billetes das distintas empresas concesionarias

Pastelería: La Carballesa

Salón recreativo: Comar Enjoy Playing

Punto de solicitude da Tarxeta Millennium de Transporte Urbano e Metropolitano

ZONA DE DÁRSENAS:

Aseos de señoras e cabaleiros

Aparcadoiro e ponte de lavado para autobuses

EXTERIOR DA ESTACIÓN:

Servizo de taxis e aparcadoiro de vehículos e motos regulado pola ORA

Información de Turismo prema aquí

CÓMO CHEGAR:

Liñas de bus urbano:

Documentos relacionados

  • Normas de funcionamento de consigna (235 KB)
  • Medidas de protección ante o coronavirus no transporte público regular (727 KB)

Enderezo:

Rúa Caballeros 21. 15009 A Coruña

Teléfono:

981 184 335

Horario:

Horarios de atención ao público:

Luns a venres laborais: mañá de 08.15 a 14.45 h e tarde de 15.15 a 21.45 h

Sáb/Dom/Fest: pechado

Facturación:

Horario de inverno de luns a venres laborais de 08.15 a 14.45 h

Horario de verán de luns a venres laborais de 08.15 a 13.45 h

Localización Estación Autobuses

Transporte público

Buses urbanos

A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.

Transporte metropolitano e interurbano

As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.

Bus Aeroporto

A Tarxeta Millennium tamén se pode utilizar para aboar o billete de bus que conecta A Coruña co aeroporto de Alvedro. O importe do billete con tarxeta metropolitana é de 0,85 €.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión