Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso participativo para o autobús da coruña

Autobús urbano

Participa no deseño da nova rede de autobuses da Coruña

O Concello da Coruña está a realizar un estudo para o novo servizo de transporte urbano da Coruña. O obxectivo principal deste é realizar unha análise técnica integral do transporte público urbano da Coruña, co propósito de optimizar e mellorar a mobilidade na cidade.

Os principais eixos do traballo son:

  • Analizar a situación actual do transporte público na Coruña a partir de datos existentes, complementándoo con traballos de campo.
  • Elaborar un modelo de transporte que permita avaliar a demanda e o funcionamento do sistema actual, así como realizar proxeccións sobre a mobilidade futura.
  • Avaliar diferentes alternativas para optimizar a rede de transporte público, adaptando a oferta á demanda real, tanto presente como futura.
  • Definir o modelo de explotación do futuro servizo e preparar a documentación necesaria para a súa implementación mediante un proceso de licitación pública.

Ademais, coa intención de ter o mellor retrato da cidade, o Concello pon en marcha un proceso participativo e aberto á cidadanía para recompilar información sobre as necesidades da cidadanía e dos axentes chave implicados na mobilidade, co fin de mellorar o servizo.

Que significa? Que a cidadanía poderá participar de xeito directo no proceso do deseño do novo mapa de liñas do autobús que marcará o futuro do transporte na Coruña.

Como podo participar? O Concello abre dúas canles de participación para os coruñeses e coruñesas.

  • A través do buzón da conta de correo participabus@coruna.gal, a través do que poderán facer as súas suxerencias.
  • Asistindo a calquera dos Encontros de Barrio que se celebrarán entre os meses de marzo e xuño na cidade

Últimas noticias

Noticias Participa Bus

Axenda

Axenda Participa Bus

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión