Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Diversidade Funcional

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

Tarxeta de autobús para persoas con diversidade funcional, coa cal os seus beneficiarios e as súas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.

Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede Electrónica ou de forma presencial.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para a súa renovación

REQUISITOS:

  • Estar empadroada/o no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos brutos inferiores a 1.235 €/mes = 17.290 €/ano por membro da unidade familiar.
  • Ter recoñecida polo órgano competente da Xunta de Galicia un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)
  • Autorización ao concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos.(este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)
  • Orixinal e fotocopia do certificado do grao de discapacidade ou tarxeta da Xunta indicando o grao de discapacidade ou resolución sempre que conste Incapacidade permanente/Total/Absoluta/Grande invalidez sen condicionar (en caso de renovación é suficiente con presentar o certificado orixinal da Xunta, salvo nos supostos en que se producise calquera modificación nel).

Esta tarxeta ten unha validez de 1 ano, sempre que a/o titular se manteña empadroada/o no Concello da Coruña e o certificado de discapacidade vixente. En caso de variar algunhas destas dúas condicións, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda). En calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €, Ordenanza Fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Internet

Teléfono

Documentos relacionados

  • Solicitude de perfil social ou renovación (189 KB)
  • Autorización para solicitar datos da AEAT (447 KB)
  • Autorización para solicitar datos da INSS e datos de identidade de persoas físicas (158 KB)
  • Autorización para solicitar datos de la INSS e datos de identidade de persoas físicas (155 KB)
  • Declaración xurada estado civil (57 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión