Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
A través da tarxeta bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.
Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación
REQUISITOS:
Ter entre 13 e 25 anos de idade.
Nos supostos de familias monoparentais a renda anual bruta por unidade familiar, non poderá superar 24.000 € brutos, incrementada en 3.000 € por fillo a maiores.
DOCUMENTACIÓN:
Esta tarxeta ten unha validez anual a partir do momento da concesión para as/os menores de 16 anos. Para as/os maiores de 16 anos a validez será ata o remate do curso académico, sempre que se manteña empadroada/o no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.
Roubo, perda ou deterioración:
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:
É necesario aboar a taxa establecida: 7 €, Ordenanza Fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).
Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a/o usuaria/o debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.
Oficinas para a Tramitación da Tarxeta Millennium:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible