Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium para persoas xubiladas

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

Tarxeta de autobús para Xubilado/a coa cal, os seus beneficiarios e as súas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.

Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede Electrónica ou de forma presencial.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para a súa renovación

REQUISITOS:

  • Ser maiores de 65 anos (no caso de que sexa menor de 65 anos a/o solicitante ou o seu ou a súa cónxuxe tramitaríase como perfil pensionista, sempre que teña pensión)
  • Estar empadroada/o no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos que non superen en máis do 30% o S.M.I. 1.235 €/mes = 17.290 €/ano por membro da unidade familiar (considérase membro da U. Familiar cónxuxe, fillas/os menores ao seu cargo e fillas/os con incapacidade ao seu cargo).

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao concello para acceder aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)
  • Autorización ao concello para acceder aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)

Esta tarxeta ten unha validez ata o falecemento do seu/da súa titular sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda). En calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou extravío

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Internet

Teléfono

Documentos relacionados

  • Solicitude de perfil social ou renovación (189 KB)
  • Autorización para solicitar datos da AEAT (447 KB)
  • Autorización para solicitar datos da INSS e datos de identidade de persoas físicas (158 KB)
  • Autorización para solicitar datos de la INSS e datos de identidade de persoas físicas (155 KB)
  • Declaración xurada estado civil (57 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión