Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium Pensionista

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

Tarxeta de autobús para pensionistas coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Que se necesita?:

Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación

REQUISITOS:

  • Ser menor de 65 anos.
  • Percibir unha pensión.
  • Estar empadroada/o no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos que non superen en máis do 30% o S.M.I. 1.235 €/mes = 17.290 €/ano por membro da unidade familiar (considérase membro da U. Familiar cónxuxe, fillas/os menores ao seu cargo e fillas/os con incapacidade ao seu cargo).

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)
  • Autorización ao concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)

Esta tarxeta ten unha validez de 1 ano, sempre que se manteña empadroada/o no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a persoa titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou extravío:

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a/o usuaria/o debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Oficinas de tramitación da Tarxeta Millennium

  • Rexistro Xeral do Palacio Municipal, praza de María Pita
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora
  • Forum
  • A Franxa

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,23 €.
  • Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).
  • A expedición da tarxeta é gratuíta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión