Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de novembro de 2013

Carlos Negreira entrevístase con profesionais e entidades dedicadas á mobilidade urbana sostible, dentro das reunións de Coruña Futura

É o décimo cuarto encontro e complementa a iniciativa do Foro Cidade na que participaron 260 persoas.

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, mantivo un encontro con expertos e profesionais que traballan ou están implicados na mobilidade urbana sostible, enmarcado no proxecto Coruña Futura. Nesta reunión tamén participaron o tenente de alcalde de Seguridade e Mobilidade, Julio Flores; a concelleira de Tráfico, Begoña Freire; e o director xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar.

Este é o décimo cuarto encontro sectorial que se realiza, tras os realizados con membros do Corpo Consular; con profesionais do sector das Tecnoloxías da Información; da Creación Dixital e a Produción Audiovisual; da Asistencia Sanitaria; do Comercio, Hostalería e Turismo; da investigación na Universidade da Coruña (UDC); do mar; do ensino e a educación; da acción social; e do emprendemento empresarial, co obxectivo de continuar coas accións de participación no proxecto Coruña Futura e complementar, deste xeito, o traballo iniciado co Foro Cidade, que se reuniu xa en dúas ocasións e no que participaron máis de 300 representantes de diferentes ámbitos da sociedade coruñesa.

Nesta ocasión, este encontro prodúcese nun momento no que o Goberno local está a abordar a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Trátase dun tema que interesa e afecta ao conxunto da cidadanía e que inclúe dende a regulación do tráfico e do aparcamento a todo tipo de modos de transporte. Un aspecto importante, e no que se pretende incidir, é a educación viaria.

O alcalde presentoulles o proxecto Coruña Futura e escoitou a membros de asociacións, profesionais e expertos vinculados á mobilidade. Ao encontro, asistiron, entre outros, representantes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), de Stop Accidentes e da Compañía de Tranvías, así como de colectivos do taxi, transportes lixeiros, ciclistas, moteiros, autoescolas e de artefactos de mobilidade persoal.

Estes encontros terán continuidade a través de novas reunións con sectores clave da cidade e a área metropolitana como o deporte e a cultura, por exemplo. O obxectivo, agora, é terminar cunha fase de definición de proxectos estratéxicos para a cidade e iniciar as accións de difusión necesarias, ademais de desenvolver iniciativas que xeren novas oportunidades tanto para a creación de emprego como para o desenvolvemento urbano, social e empresarial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión