Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de outubro de 2013

O alcalde presenta un dispositivo pioneiro en Galicia que permite a reserva gratuíta de taxis a través do móbil

Carlos Negreira agradece a Tele-taxi a súa aposta pola innovación e a tecnoloxía e destaca que o servizo na Coruña é considerado polos consumidores como un dos mellores do país.

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado pola concelleira de Tráfico e Mobilidade, Begoña Freire, e polo presidente da Asociación local de Autotaxis da Coruña (Tele-taxi), Manuel Sánchez Quindimil, participou esta mañá na presentación de Taxiclick, unha nova aplicación que a asociación poñerá en marcha nos próximos días na cidade e que posibilita a reserva de taxis de forma gratuíta a través de dispositivos móbiles e smarthphones.

O novo servizo, así como a descarga da aplicación, é gratuíto para o cliente e permite, entre outras utilidades, seleccionar o punto e día ou hora de partida, comprobar o estado da petición, así como o lugar onde se encontra o vehículo ou definir peculiaridades ou necesidades como un maleteiro amplo, vehículo adaptado ou pago con tarxeta.

A aplicación, que é pioneira en Galicia, e ademais de na Coruña, só se desenvolve en Madrid e Barcelona, permite a súa utilización noutras cidades españolas e europeas que contan con este sistema que inclúe a máis de 20.000 taxis. "De novo, A Coruña sitúase nos primeiros postos cando falamos de innovación e tecnoloxía", destacou Negreira que lles agradeceu aos taxistas o seu compromiso por seguir mellorando día a día, prestando un servizo moderno, eficaz, de calidade e sostible, que os consumidores sempre destacan como un dos mellores do país en canto a eficacia e calidade.

O rexedor tamén resaltou o compromiso do Goberno municipal co transporte público e lembrou que o PMUS, o primeiro Plan de Mobilidade Urbana Sostible da historia da cidade, dedica un espazo moi destacado a este apartado. "Gran parte das medidas que se están realizando, as previstas e as que se definirán no PMUS, obedecen ao noso compromiso co transporte público. Esta é unha das nosas principais preocupacións porque tamén é unha das preocupacións dos coruñeses", explicou Negreira. Neste sentido, o alcalde destacou a importancia das reunións que se están mantendo con axentes e asociacións, así como as enquisas realizadas a participación cidadá das que se están extraendo importantes conclusións.

Negreira pediulles aos coruñeses que continúen incorporando suxestións para que o plan, que estará concluído a finais de ano, conte coa maior participación posible. "Para que a cidadanía sexa a verdadeira protagonista do PMUS, nos próximos días o Concello levará aos barrios a enquisa de mobilidade, para que a pé de rúa poidan participar no que será o primeiro Plan de Mobilidade da súa cidade", concluíu.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión