Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2013

Infraestruturas inicia a reforma da rúa Cuba

O Goberno local destina a esta actuación, que pretende dar un maior protagonismo ao peón, un total de 165.000 euros.

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa do inicio das obras de remodelación e modernización da rúa Cuba, dentro do programa Urbana C, nas que investirá 165.302,94 euros, o que supón un aforro do 33% con respecto ao orzamento de licitación.

Os traballos, que comezaron este mesmo luns, contan cun prazo de execución de 4 meses e o obxectivo é dar o máximo protagonismo ao peón. Na actualidade, trátase dun viario con beirarrúas moi estreitas -de 0,5 metros a ambos os dous lados-, aparcadoiro en liña na marxe dereita e calzada de sentido único cun carril de circulación de 3,30 metros. A reforma xerará espazo e calidade de vida para o peón.

A reforma programada supón unha transformación integral da rúa Cuba, que se converterá nunha vía de circulación peonil. O proxecto inclúe unha zona libre para o tránsito de vehículos de subministración, recollida de lixos ou de emerxencias e accesos a garaxes, cunha anchura que oscila entre os 2,5 e os 3 metros.

Unha vez procédase á demolición de todo o pavimento actual (beirarrúas e calzada), co posterior traslado dos cascallos a un vertedoiro autorizado e o mantemento das infraestruturas de servizos existentes, pavimentarase a rúa con formigón puído. Ademais, instalarase unha rede de sumidoiros para a recollida de augas pluviais e un novo colector de PVC para a recollida de augas fecais. O proxecto axústase á lexislación vixente en materia de accesibilidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión