Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xaneiro de 2015

Infraestruturas inicia as obras de mellora da pavimentación da rúa Maxistrado Manuel Artime

O proxecto de renovación de beirarrúas e áreas peonís, que ten un investimento de 207.029 euros e un prazo de execución de tres meses, continúa a actuación realizada nas rúas Costa Rica e Lagar

O tenente de alcalde de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, e as concelleiras de barrio, Susana Pazo e Carmen Hervada, visitaron esta mañá a rúa Maxistrado Manuel Artime, con motivo do comezo das obras de reparación da pavimentación que inclúen a renovación de beirarrúas e áreas peonís e nas que o Goberno local, a través da Concellería de Infraestruturas, inviste 207.029,51 euros. A actuación enmárcase dentro dos traballos de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos de beirarrúas e áreas peonís da cidade aos que o Concello destina no 2015 máis de 2,5 millóns de euros.

En concreto, os traballos, que teñen un prazo de execución de tres meses, inclúen a renovación de máis de 1.500 m2 de beirarrúa e 430 de bordo. Ademais mellórase a rede de pluviais coa instalación de 160 metros de canalizacións, 2 baixantes, 9 sumidoiros, 3 pozos de pluviais e 16 arquetas. A actuación tamén comprende outras melloras como o pintado, con materiais antiescorregadizos e reflectores, dos pasos de peóns.

"O obxectivo deste tipo de actuacións é o de poñer en valor todos os barrios da Coruña, á vez que se ofrece unha imaxe homoxénea e de calidade en toda a cidade e dáse protagonismo ao peón mellorando, polo tanto, a calidade de vida dos veciños", destacou Fernández Prado.

Neste sentido, o tenente de alcalde explicou que a actuación, que atende a unha demanda veciñal, dá continuidade aos traballos realizados nas rúas Costa Rica e Lagar, nas que se investiron 132.721 euros; e súmanse a unha serie de obras xa executadas no barrio, como Enrique Dequidt, a praza do Libro, a avenida de Arteixo ou Emilia Pardo Bazán; ou que están en plena execución, como Maestro Clavé e Federico Tapia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión