13 de febreiro de 2013
Entrará na rotonda de Matogrande no seu itinerario dende Ponte Pasaxe a Porta Real, para mellorar a prestación do servizo a veciños e traballadores.
A Concelleira de Tráfico e Mobilidade, Begoña Freire, informa de que a partir de mañá, xoves 14 de febreiro, a liña 1A ampliará os seus servizos no barrio de Matogrande, para dar resposta a unha demanda de veciños e traballadores. Actualmente, a liña 1A entra no barrio de Matogrande no itinerario que vén realizando de Ponte Pasaxe - Porta Real, efectuando parada na glorieta central de Matogrande. Con todo, no itinerario Porta Real - Ponte Pasaxe, o bus urbano realiza a súa parada na rúa Camilo José Cela, sen internarse no barrio.
Así, a partir de mañá dáse resposta a esta demanda e a liña 1A prestará servizo de parada nas dúas direccións, tanto cara a Ponte Pasaxe como Porta Real - na parada habilitada en glorieta central de Matogrande-, mellorando así a entrada e saída do barrio, e o servizo para os usuarios da liña.
A Compañía de Tranvías instalou letreiros electrónicos en todos os autobuses que prestan servizo a esta liña, para informar os usuarios do sentido de circulación do autobús, xa que a parada actualmente instalada na rotonda de Matogrande prestará servizo nos dous sentidos de circulación (Porta Real-Ponte Pasaxe/ Ponte Pasaxe-Porta Real).
O Concello informa ademais de que se efectuarán tamén as oportunas modificacións técnicas na pantalla do poste informativo electrónico da parada de autobús e actualizacións para a prestación do servizo de información a través de mensaxes de texto e das aplicacións para os distintos sistemas operativos de teléfonos móbiles. Para iso, no poste informativo electrónico identificarase a parada da forma seguinte:
- Sentida Ponte Pasaxe - Porta Real: L1A
- Sentido Porta Real - Ponte Pasaxe: L1AP
Co fin de orientar os usuarios sobre estas modificacións colocarase no poste de parada unha nota informativa detallando os cambios: numeracións, denominacións e sentido da liña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible