Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2025

O Concello rende homenaxe ás vítimas de sinistros viarios nun acto institucional na Estación de Autobuses

O Concello reafirma o seu compromiso cunha mobilidade segura e sostible nun emotivo acto en lembranza das vítimas de sinistros viarios.

O Concello da Coruña celebrou esta mañá un acto en lembranza das vítimas de sinistros viarios na entrada do Servizo de Mobilidade da Estación de Autobuses. A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz Vázquez, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, participaron xunto a representantes da Dirección Xeral de Tráfico, Policía Local, Garda Civil, Bombeiros, 061, CHUAC e da asociación Stop Accidentes.

Durante o acto, Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes en Galicia, deu lectura ao manifesto da entidade. Posteriormente gardouse un minuto de silencio e realizouse unha ofrenda floral na árbore plantada en memoria das vítimas, onde tamén se colocaron mensaxes persoais.

"Construír unha cidade segura tamén é garantir que todas e todos poidamos desprazarnos sen medo", afirmou Noemí Díaz. Pola súa banda, Montserrat Paz destacou que "cada sinistro é un recordatorio de que queda traballo por facer para protexer vidas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión