Concello da Coruña

Concello da Coruña

Novo paso de peóns en Durán Loriga

O pasado 19 de agosto implementouse un novo paso peonil no cruzamento das rúas Durán Loriga e Santa Catalina.

Este paso é o primeiro que se pinta na cidade abarcando toda a zona da intersección, o que permite ás persoas que camiñan utilizalo en todos os sentidos e non só no lonxitudinal como é habitual nos tradicionais pasos de peóns.

Ao paso de peóns regulamentario incorporáronselle como recordatorio aos condutores, "Que van atravesar unha zona de alta densidade peonil" e estean así máis vixiantes para evitar posible atropelos.

As cores utilizadas son os da bandeira LGTBI como corresponde a unha cidade aberta e inclusiva como A Coruña.

Lógrase así un dobre obxectivo; o de incrementar a seguridade viaria e a visibilidade e integración do colectivo LGTBI nos desprazamentos cotiás pola cidade.

A velocidade da rúa limitouse a 20 km/h, o que, xunto á alta calidade da pintura utilizada reduce drasticamente a posibilidade de esvaramento dos vehículos de 2 rodas.

O paso de peóns presentouno e estreouno a Tenente Alcalde Yoya Neira, Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación que estivo acompañada por técnicos do Servizo de Mobilidade e polo colectivo de Stop Accidentes Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión