A ocupación directa ten por obxecto a obtención de terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas locais mediante o recoñecemento á súa persoa titular do dereito ao aproveitamento no polígono ao que se vincule.
Esíxese como requisito que lexitima a actuación, a través do procedemento establecido no art. 170 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a aprobación do plan pormenorizado que inclúa os terreos que se van ocupar, con determinación do seu aproveitamento subxectivo e delimitación do polígono no que se vaia integrar.
A persoa titular dun ben ou dereito afectado por un expediente de ocupación directa ten que achegar a documentación xustificativa da titularidade, ou do dereito que ostente. Esta consiste en:
A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Onde se fai?
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible