Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
Tarxeta de autobús para persoas con diversidade funcional, coa que os seus beneficiarios e as súas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.
Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede Electrónica ou de forma presencial.
Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación
REQUISITOS:
DOCUMENTACIÓN:
Esta tarxeta ten unha validez de 1 ano, sempre que o titular manteña o seu padrón no Concello da Coruña e o certificado de discapacidade vixente. No caso de variar algunhas destas dúas condicións, a tarxeta deberá entregarse nas oficinas Municipais para cambio de perfil. Para a súa renovación a persoa titular deberá presentar unha Declaración Responsable de que segue cumprindo os requisitos.
Roubo, perda ou deterioración:
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación da mesma (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
Substitución da tarxeta por Roubo, perda ou deterioración:
É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, Ordenanza Fiscal Nº 1, epígrafe 1.11.4).
En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (obrigatoria a entrega da tarxeta recuperada)
Normas xerais:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible