Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Escolar

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

A través da tarxeta de bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos por empregar o servizo público de transporte urbano.

Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede electrónica ou de forma presencial.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para renovala.

REQUISITOS:

  • Ter entre 13 e 25 anos de idade.

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña con antigüidade mínima de 6 meses. Tanto o/a solicitante como os membros da unidade familiar.
  • Ter unha renda inferior a 40.000 € brutos por unidade familiar, sendo incrementada esta cantidade en 5.000 por cada fillo/a menor de 25 anos a maiores do/a solicitante.

Nos supostos de familias monoparentais a renda anual bruta por unidade familiar, non poderá superar 24.000 € brutos, incrementada en 3.000 € por fillo/a a maiores.

  • Entre os 16 e os 25 anos deberán xustificar o estar matriculado en centros de estudos dentro do termo municipal, homologados polo ministerio competente en materia de Educación de Estado ou pola concellería competente en materia de Educación da Xunta de Galicia. Os estudos cursados deberán ter 12 ou máis horas lectivas á semana.
  • Tamén terán dereito a obter a tarxeta escolar con independencia da súa idade o alumnado da Universidade a Distancia ( UNED); así como o alumnado que curse ensinos básicos iniciais da Educación para as persoas Adultas (ESPA); e o alumnado que curse Formación Profesional por réxime para as persoas adultas (A); en modalidade presencial cando o horario dos módulos de formación en centros educativos que lles resten para finalizar o ciclo formativo (con excepción, de ser o caso do módulo de proxecto) non chegue ás 12 horas, sempre que se matricule da totalidade deles.

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal do pai, nai ou titor/a; se o/a solicitante cumpriu os 14 anos, tamén do seu propio DNI.
  • Autorización ao concello para acceder aos datos fiscais necesarios para comprobar o nivel de renda (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web).
  • Para maiores de 16 anos: orixinal e copia da matrícula no centro escolar, ou ben certificado orixinal do centro de estudos de acharse matriculado no curso correspondente. Deberá constar o número de horas lectivas e finalización do curso, para o alumnado que se matricule en modalidade semipresencial/ 2.ª Bacharel/ módulos presencial por materias.
  • Non serán válidas as reservas de praza ou as solicitudes de matrícula.

Esta tarxeta ten unha validez anual a partir do momento da concesión para os/as menores de 16 anos. Para maiores de 16 anos a validez será ata que remate o curso académico, sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €. Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,23 €.
  • A nova tarxeta é gratuíta para as persoas titulares que reúnan os requisitos deste título de transporte. Esta tarxeta ten unha validez anual a partir do momento da concesión para os/as menores de 16 anos. Para os/as maiores de 16 anos a validez será ata que remate o curso académico, sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil. 
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos).

Bases da Tarxeta Millennium Coruña da Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade.

Documentos relacionados

  • Solicitude de perfil social ou renovación (189 KB)
  • Autorización para solicitar datos da AEAT (447 KB)
  • Declaración xurada estado civil (57 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión