Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium Menor de 13

En que consiste?:

A través da tarxeta bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación.

REQUISITOS:

  • Requisitos:

  • Ser MAIOR DE CATRO e MENOR DE TRECE.
  • Estar empadroadas/os no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses, tanto a persoa solicitante como os membros da unidade familiar.
  • Documentación:

  • DNI orixinal do pai, da nai ou titor/a e o seu propio DNI no caso de que a/o solicitante o teña.

Esta tarxeta ten unha validez indefinida a partir do momento da concesión, ata que a/o menor cumpra trece anos, sempre que se manteña empadroada/o no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €, Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a/o usuario debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Oficinas para a Tramitación da Tarxeta Millennium:

  • Servizo Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses (rúa Cabaleiros, 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Municipal (praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,0 €.
  • A nova tarxeta é gratuíta para as persoas titulares que reúnan os requisitos deste título de transporte. Esta tarxeta ten unha validez indefinida a partir do momento da concesión, ata que a/o menor cumpra trece anos, sempre que se manteña empadroada/o no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión