Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium Pensionista

En que consiste?:

Tarxeta de autobús para pensionistas coa que as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para a obtención por primeira vez do Cartón Millennium como para a súa renovación.

REQUISITOS:

  • Ser MENOR de 65 anos.
  • Percibir unha Pensión.
  • Estar empadroado no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos que non supere en máis do 30% o S.M.I 1.235 €/mes = 17.290 €/ano por membro da unidade familiar ( considérase membro da U. Familiar cónxuxe, fillos menores ao seu cargo e fillos con incapacidade ao seu cargo)

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)

Este cartón ten unha validez de 1 ano, sempre que se manteña empadroado no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, o cartón deberá ser entregada nas oficinas Municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento do cartón pódese solicitar un duplicado ou a reparación da mesma (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda do cartón para que se poida bloquear.

Substitución do cartón por roubo, perdida ou extravio

É necesario abonar a taxa establecida , 7 €

Ao solicitar o duplicado do cartón facilitarase o impreso de autoliquidaciones; unha vez abonada a taxa, o usuario debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición do cartón.

Oficinas de Tramitación Cartón Millennium

  • Servizo Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - Cale Cabaleiros nº 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Muncipal (Praza de María Pita nº 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar Gramela nº 17)

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,23 €.
  • Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).
  • A expedición da tarxeta é gratuíta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión