Concello da Coruña

Concello da Coruña

Zona de Baixas Emisións

Establecemento de Zona de Baixas Emisións (ZBE).

A Directiva Europea sobre a calidade do aire esixe que os Estados membros definan zonas de control da calidade do aire dentro do seu territorio. Isto é de particular interese en España onde o 93% da poboación respira un aire que excede os niveis considerados como perigosos para a saúde e, especialmente, en aglomeracións urbanas e os accesos ás mesmas, nas que o 60% de contaminantes proceden da combustión do tráfico. Á pobre calidade do aire hai que engadir os problemas do ruído.

Todo isto leva consigo novas esixencias no ámbito urbano que se concretizan, entre outros instrumentos, no Plan European Green Deal e os Plans Locais de Calidade do Aire, obrigatorios para os municipios de máis de 50.000 habitantes a partir do 2023.

Preténdese dispoñer dunha plataforma transversal de xestión dinámica que permita establecer un modelo preventivo de intervención baseado na toma de decisións establecidas mediante a integración de datos, tanto directos como prognosticados e modelados, así como unha xestión dinámica do tráfico tendente a garantir a calidade do aire.

O proxecto

Aborda o desenvolvemento e implementación das zonas de baixas emisións e o resto de medidas de planificación da mobilidade sustentable no municipio desde o coñecemento do impacto na calidade do aire xerada polas fontes móbiles de contaminación atmosférica.

Implementaranse

As últimas tecnoloxías de monitoraxe e aplicación de modelos matemáticos de microescala (Street canyon) para dispoñer dun diagnóstico co que realizar a avaliación obxectiva e cuantificar a efectividade das medidas para implementar.

Co coñecemento detallado sobre o impacto na calidade do aire e a avaliación dos distintos escenarios de mobilidade mediante o emprego dun modelo microscópico de simulación de fluxos de tráfico, proponse o despregamento de redes de seguimento e monitoraxe da calidade do aire, que acompañarán á implantación das medidas para avaliar a súa eficacia.

O deseño, configuración e implantación da zona de baixa de emisións, o despregamento dos sistemas de control, comunicacións, sistemas de información ao usuario e os sistemas dixitais para o control, recoñecemento de matrículas e propostas de incumprimento completarán a parte de xestión de tráfico.

Este proxecto complétase coa inclusión dos sistemas de monitoraxe de calidade do aire e ruído e o despregamento de modelos de dispersión de contaminantes que achegarán os prognósticos para a activación de escenario dos plans anticontaminación, adiantándose á toma de decisións, e o coñecemento detallado da situación na cidade para a activación de medidas variables de mobilidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión