15 de outubro de 2025
A convocatoria está dirixida a persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, residentes no termo municipal da Coruña e impídalles utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.
O día 14 de outubro no Boletín Oficial da Provincia o extracto da resolución do 08/10/2025, pola que se aproba a convocatoria de axudas para apoiar o transporte en taxi de persoas con discapacidade para o ano 2026.
Obxecto da convocatoria
A convocatoria está dirixida a persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, residentes no termo municipal da Coruña e impídalles utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.
Persoas beneficiarias
Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria das subvencións as persoas con discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente, que afecte gravemente á súa mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos. Esta condición debe quedar acreditada no documento administrativo que certifique a discapacidade.
As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 3 anos.
b) Residir no termo municipal do Concello da Coruña e constar como empadroada no mesmo.
c) Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á súa mobilidade e impídelle utilizar os transportes públicos colectivos.
d) No caso de que a persoa solicitante atópese en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
e) Non constar como titular de vehículo, segundo os datos rexistrados no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.
f) Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido nas bases da convocatoria, superior ao 210% do IPREM vixente no ano 2024.
g) Estar ao corrente das súas obrigacións fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.
O prazo para a presentación de solicitudes será desde o día 15/10/2025 ata o día 14/11/2025 (ambos os incluídos).
Toda a información, procedemento e documentacion parde a convocatoria de atópanse Bono Taxi publicados no Tablon de anuncios e edictos municipal.
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible