Dende o 28/10/2022 ata o 02/11/2022
Xa rematou
Reforzos da festividade de Todos os Santos
Reforzaranse os servizos de bus urbano na contorna dos cemiterios municipais segundo o seguinte detalle:
Día 31 de outubro e 1 de novembro: reforzaranse as liñas 23 e 23A (cemiterio de Feáns) con 2 buses máis. A frecuencia combinada de ambas as liñas será de 17 minutos.
Día 1 de novembro:
Reforzarase a liña 3 (cemiterios de San Pedro de Visma e Santo Amaro) cunha frecuencia combinada coa liña 3A de 16 minutos.
Ao cemiterio de San Pedro de Visma tamén dan servizo as liñas 12 e 14.
A liña 11 reforzarase con dous buses ao longo de toda a xornada. Dáselle servizo ao cemiterio de Santo Amaro cunha frecuencia de 17 minutos.
As restantes zonas da cidade están comunicadas co cemiterio de Santo Amaro a través das liñas: 4, 5, 6, 6A, 7 e 17.
O cemiterio de Oza (Castrillón) está comunicado mediante as liñas: 1, 12A e 14.
Ao cemiterio de San Cristovo das Viñas darán servizo as liñas 5, 12A e 22.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible