
Proxecto de Ordenanza municipal reguladora do arrendamento de vehículos con persoa condutora (VTC) no termo municipal da Coruña
Conforme co disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de incrementar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración das normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza municipal reguladora do servizo de transporte urbano de persoas en vehículos de turismo con persoa condutora (VTC) no termo municipal da Coruña, realizarase unha consulta pública a través do portal web municipal do Concello e web municipal de Mobilidade.
Condicións da consulta pública e data límite de presentación de opinións e suxestións
Nesta consulta pública recollerase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma acerca de:
En cumprimento do anterior e de acordo co disposto na resolución do 15 de xaneiro de 2026 da Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, por delegación da Xunta de Goberno Local, e seguindo as instrucións dos procesos participativos municipais, formúlase a consulta pública que se contén a continuación.
A cidadanía, organizacións e asociacións que así o consideren poderán facer chegar as súas opinións e suxestións sobre os aspectos incluídos na consulta, ata o próximo día 27 de febreiro de 2026.
Non será necesario que os remitentes estean identificados. Con carácter xeral, as achegas consideraranse confidenciais e de libre difusión. As partes que se consideren confidenciais deberán ser especificamente sinaladas e delimitadas nos comentarios, motivando as razóns para a dita cualificación.
Moitas grazas pola súa colaboración na procura dunha mobilidade sostible, saudable e inclusiva.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible