O grupo de teatro do Centro de Maiores de A Fundación interpretá a obra de Antonio Gala "Os verdes campos do Edén".
Para público en xeral
25/11/2015, de 20:00 a 22:00
Xa rematou
3,00 €
Entradas á venda no Centro de Maiores Afundación na Rúa Alta, 7. E unha hora antes da función no Ágora.
Nesta antiga comedia hai un personaxe que chega a unha cidade e recíbeno mal: os poderosos, os ricos, os representantes da autoridade, tenden a expulsar a ese corpo estraño que non trae diñeiro, pero que está ben educado. Cae entre os pobres, entre un ácrata lido, esmoleiros, homosexuais marxinados, putas. Como di un personaxe, están alegres: porque a dor pódese levar con alegría. A linguaxe vaise desbordando ata esa poesía da felicidade de non levar camisa; e o escenario cambia cara a un panteón do cemiterio, onde conviven e reciben, e celebran a festa da Noitevella, e florecen amores, e un neno vai nacer. O tema ínflase de palabras. Ou sexa que, como non hai tema, fálase moito, sen dicir nada. Todos os personaxes reúnense nese final, que ao final é penoso: chega a forza pública e detenos a todos. Rompe a leiteira, como no conto que meteu na súa fábula Buero Vallejo. Pero a Cruz iluminada está sempre presente. Hai outras esperanzas para os pobres.
Dirección: Victor Díaz Barús
Entradas á venda no Centro de Maiores Afundación na Rúa Alta, 7. E unha hora antes da función no Ágora.Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible