Existen puntos de información e apoio habilitados nas bibliotecas municipais, nos centros cívicos, na rede de Espazos de Información Xuvenil (Cidade Vella, Ágora e Fórum) e na Federación de Asociacións Veciñais. Facilitaranche información e os medios necesarios para participar. Ademais, no teléfono de atención cidadá 010 podes resolver as túas dúbidas sobre o proceso ou relativas ao rexistro na plataforma.