Estes dous espazos, situados na rúa Ribeira Sacra, no barrio de Novo Mesoiro, intégranse na rede de infraestruturas sociais TEU, posta en marcha pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática.
Os espazos TEU son unha rede de espazos abertos que o Concello da Coruña pon a disposición da cidadanía para o seu uso público, aberto e múltiple, e os de Ribeira Sacra son o segundo e o terceiro espazos en formar parte deste novo modelo de uso.
Descubre todas as posibilidades dos Espazos TEU.
Son para que os desfrutes.
Son para o que necesites.
1. USO DOS TEUs RIBEIRA SACRA PARA USO PUNTUAL
Existe tamén a posibilidade de solicitar calquera dos dous espazos para utilizar de forma particular e reservada. O horario de uso é dde 9.00 a 22.00 h, de luns a venres, venres, as fins de semana e datas festivas completas.
As datas de peche dos espazos serán: o 1 e o 6 de xaneiro así como o 24, 25 e 31 de decembro.
Podes solicitalos para facer unha xuntanza, celebración, reunión familiar, actividade formativa, social ou cultural, e para facelo tes que ser maior de idade e estar empadroado/a na Coruña.
Podes facer a solicitude con carácter privado/particular ou ben en representación dunha entidade/asociación/colectivo informal con sede dentro do termo municipal da Coruña.
2. EQUIPAMENTO E CAPACIDADE DOS LOCAIS
O TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo municipal público, aberto e multifuncional, cun tamaño aproximado de 100 m/2 e capacidade para albergar un máximo de 70 persoas, que conta co equipamento seguinte:
Pola súa banda, o TEU Ribeira Sacra 15, é tamén un espazo público aberto, de 80 m/2 distribuído a maioría en planta baixa e unha pequena superficie de uso nun andar superior. A capacidade máxima deste local é de 50 persoas e está equipado con:
3. COMO FACER A SOLICITUDE PARA O USO PUNTUAL RESERVADO
O PRAZO PARA SOLICITAR O USO PUNTUAL DOS TEUs RIBEIRA SACRA COMEZA O LUNS 3 DE DECEMBRO DE 2018
Interésache?
Toda a información para solicitar os TEUs Ribeira Sacra está aquí .
Podes descargar o modelo de solicitude e presentala nun rexistro presencial, incluíndo o punto de rexistro do Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro, ou facelo a través da sede electrónica con certificado dixital en https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitesinfo?method=enter&id=822
Quen os pode solicitar?
Calquera persoa maior de idade empadroada na Coruña pode solicitalo para unha actividade privada ou en representación dunha asociación ou entidade con sede social na cidade.
Para que os podo solicitar?
Para unha actividade de ámbito privado (reunión familiar, festa de aniversario, xuntanza de traballo...) ou para actividades de asociacións, entidades ou colectivos informais (formación, coloquios, charlas, talleres ou calquera outra con proxección social ou cultural beneficiosa para a veciñanza da cidade).
Como fago a solicitude?
Hai que cubrir un formulario de solicitude que podes ver aquí e entregalo:
Que prazo teño para solicitalos?
Podes solicitar o uso puntual dos TEUs Ribeira Sacra durante todo o ano. Como mínimo debes presentar a solicitude 15 DÍAS NATURAIS antes da data elixida e, como máximo, a data debe pertencer ao mes en curso ou aos dous meses posteriores.
Como norma xeral, todos os espazos TEU non estarán dispoñibles os días 24, 25 e 31 de decembro, nin os días 1 e 6 de xaneiro.
Para saber se a data que queres está dispoñible, consulta o calendario de ocupación.
Teño que avisar se ao final non o podo usar?
Si. Se tes algún dos espazos TEU reservado para un día e ao final non podes facer uso del, débesllo notificar á Concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do correo participacion@coruna.es, cunha antelación mínima de 48 h.
4. CONDICIÓNS DE USO
Tras realizar as obras de acondicionamento necesarias, o Concello da Coruña pon a disposición do uso da cidadanía dous novos espazos en Novo Mesoiro.
Trátase de dous baixos de titularidade municipal situados na rúa Ribeira Sacra, un deles no número 15-1, cunha superficie útil de 80 m/2, e o segundo no número 17, cun tamaño maior, de 106 m/2 útiles.
Ambos espazos intégranse na nova rede de infraestruturas sociais denominadas TEUs, posta en marcha pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática, coa apertura do Faro de Oza.
Os locais funcionarán do mesmo xeito que o TEU Faro de Oza, como espazos con autorización de uso puntual para celebracións familiares, charlas, obradoiros, e actividades similares.
Equipamento
O baixo situado na rúa Ribeira Sacra, núm. 17, identificado como TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo municipal público, aberto e multifuncional, equipado con:
O baixo situado na rúa Ribeira Sacra, núm. 15, identificado como TEU Ribeira Sacra 15, é tamén un espazo público aberto, multifuncional, a maioría en planta baixa e unha pequena superficie de uso nunha planta superior, equipado con:
Natureza da autorización de uso puntual
Para facilitar o uso particular e reservado dos espazos, adoptarase a forma de AUTORIZACIÓN DE USO PUNTUAL, que consiste en destinar un local municipal para atender as demandas de persoas físicas e de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro e colectivos informais que desexen o uso puntual dun espazo para actividades como unha celebración, reunión familiar, charla, xuntanza de traballo, actividade de formación ou calquera outra con proxección social ou cultural beneficiosa para a veciñanza da cidade.
Quen pode solicitar a autorización puntual para o uso reservado?
En xeral, poden facer uso destes locais, en calquera das súas modalidades:
No caso do outorgamento das autorizacións puntuais para o uso reservado dos locais, as persoas físicas solicitantes deberán ser maiores de idade e figurar empadroadas no Concello da Coruña. Igualmente, as asociacións deberán ter a súa sede no termo municipal.
Condicións do uso puntual
En todos os casos a autorización para o uso puntual reservado e particular dos dous TEUs Ribeira Sacra será GRATUÍTA.
A persoa solicitante debe ser maior de idade e estar empadroada no Concello da Coruña. Ademais, se actúa en representación dunha asociación ou entidade, esta debe ter a súa sede social dentro do termo municipal da Coruña.
A persoa solicitante terá a notificación da recepción da autorización de uso puntual, e asinará o compromiso de cumprimento das condicións de uso que se expoñen a continuación. Con esa sinatura, a persoa solicitante asume, baixo a súa responsabilidade, velar polo coidado e respecto ás instalacións e faise responsable da limpeza e dos desperfectos que se poidan ocasionar.
CONDICIÓNS DE USO:
Duración da autorización de uso puntual reservado
A duración xeral do uso puntual será de un ou dous días consecutivos como máximo. En casos puntuais, e cando o interese da actividade o aconselle, o Concello da Coruña poderá autorizar unha duración maior.
Resolución da autorización de uso puntual
As autorizacións de uso puntual outorgaranse por estrita orde de entrada no rexistro. A Concellaría de Participación e Innovación Democrática asinará unha resolución de autorización de uso puntual a nome da persoa que corresponda, especificando a actividade que se poderá desenvolver, segundo a solicitude presentada.
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación informará previamente a persoa solicitante sobre a concesión da autorización de uso puntual á conta de correo ou número de teléfono sinalados na solicitude no prazo de sete días, sen prexuízo da entrega da notificación da resolución na comparecencia que teña lugar no día e hora establecidos para a entrega das chaves.
No caso de denegación da solicitude levarase a cabo unha comunicación previa nos mesmos termos indicados para a concesión (mediante teléfono ou correo electrónico), e tamén se enviará a notificación por correo certificado, salvo que a persoa solicitante indicara na solicitude que autoriza o Concello a enviarlle notificacións á Caixa de correos electrónica, accesible na sede electrónica.
Réxime de funcionamento no uso puntual reservado
Condicións xerais de uso
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible