1 de novembro de 2017
Otoño teatral. Teatro en familia en Mesoiro
As concellarías de Cultura, Deporte e Coñecemento e a de Xustiza Social e Coidados programan para o sábado día 4 de novembro e 18 de novembro dúas citas culturais dirixidas a familias no Centro Cívico de Mesoiro.
O sábado día 4 representarase "Os sete magníficos máis un" e o sábado 18 "Luppo" de Baobab Teatro.
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade.
Horario: 12.00 h
Centro Cívico Mesoiro. Rúa Os Ancares 15. 15190 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible