Concello da Coruña

Concello da Coruña

Trinke Trinke Os ratos de lonxedetodo

Fuco é un rato de Biblioteca coñecido por moitas xeracións de nenos coruñeses, que compartiron con el tardes e mais tardes de contos nas Bibliotecas Municipais coruñesas desde 1994 ata abril do 2015.

A quen vai dirixido?:

A partir de 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 28/11/2015 ata o 29/11/2015

Xa rematou

Horario:

sábado ás 18.30 h
domingo ás 12.30 h

Enderezo:

Sala Gurugú. Rúa Agra do Orzán 3. 15010 A Coruña

Organiza:

Sala Gurugú
O teatro como estratexia educativa. Os Ratos da Biblioteca naceron na Coruña en  1991,co gallo do V Salón do Libro Infantil e Xuvenil, da mente creadora dun grupo formado por xóvenes mestras e actores. Estes simpáticos personaxes comezaron a percorrer as Bibliotecas e Escolas de Galicia, intentando contaxiar o seu gusto pola literatura aos nenos e ás súas familias. Arredor de 5.000 actuacións en 24 anos e máis de 300.000 espectadores cun elenco de “ratos” entre os que se atoparon actores e actrices da popularidade de Xosé  A. Touriñán, Pablo Sánchez “Pablísimo”, María Torres, Isa Risco, Juanillo Esteban, Maruxa Arias, David Pernas e Vanessa Rivas.Os Ratos de Lonxedetodo inician o 24 e 25 de outubro unha nova etapa na Sala Gurugú do populoso barrio da  Agra do Orzán. O rato Fuco e a súa gran amiga Lilí Gruyére presentarán o contacontos teatral “Poderes Hipnóticos”.  Unha fin de semana ao mes, os ratos de Lonxedetodo seguirán visitando A Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión