Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que son os orzamentos participativos?

Unha ferramenta de democracia directa que permite á veciñanza da Coruña decidir libremente en que empregar unha parte do orzamento municipal de investimentos

A cidadanía propón proxectos. Tras un filtrado de admisibilidade e unha valoración técnica e económica, os máis votados incorpóranse ao orzamento municipal e execútanse ao longo do periodo 2026-2028.

2.600.000€ destinados a investimentos decididos pola cidadanía.

  • 80% barrios repartidos entre os dez distritos municipais mediante unha fórmula mixta de 70% reparto fixo e igualitario entre distritos e 30% proporcional á poboación de cada distrito
  • 20% cidade para propostas que, pola súa natureza, afectan ao conxuto da cidade.

Se precisas información ou axuda para participar coas túas achegas nos Orzamentos Participativos, podes acudir aos puntos de apoio habilatados: as bibliotecas municipais, os centros cívicos, rede de Espazos de Información Xuvenil e Federación de Asociacións Veciñais. Facilitaranche información e os medios necesarios para presentar as propostas.

Ademais, no teléfono de atención cidadá 010 podes resolver problemas e dúbidas relativas ao rexistro na plataforma.

Quen pode participar? Achega de propostas

Todas as persoas empadroadas na Coruña que sexan maiores de 16 anos.

Hai dúas vías de participación:

1) En liña nacorunaconta.coruna.gal con verificación de conta persoal

2) Presencial nos rexistros municipais de María Pita, Ágora e Fórum

A achega de propostas realízase directamente na plataforma web nacorunacontas.coruna.gal​. Se xa te rexistraches nos anos anteriores non tes que volver facelo. Se é a primeira vez, deberás empregar un correo electrónico.

Que se pode propoñer?

  • Novas infraestruturas: Sendeiros peonís, carrís bici, mobiliario urbano, iluminación,parques, fontes, rede de saneamento, áreas de xogo...
  • Reposición e reforma: Remodelación de viais, parques infantís, zonas verdes, fontes, mobiliario, equipamentos deportivos...
  • Edificios e infraestruturas sociais: Equipamentos para infancia, xuventude, maiores; instalación deportivas, espazos culturais...
  • Elementos de transporte e tecnoloxía: Vehículos de bombeiros ou policía; equipos informáticos...

Cales son as fases do proceso?

Recollida de propostas:

Do 25 de maio ao 19 de xuño

Debe cumprir os 8 criterios:

  • Competencia municipal.
  • Natureza de investimento (obra, equipamento inventaribale ou instalación).
  • Titularidade municipal do ben ou espazo.
  • Rango orzamentario.
  • Non duplicidade con outras propostas.
  • Sen trámites previos complexos.
  • Non prevista en plans vixentes (aprobados ou en execución).
  • Estabilizade orzamentaria (non xera gasto corrente estrutural nin novas
  • obrigas recorrentes)

Filtrado e valoración técnica

  • 20 ao 29 de xuño (Filtrado)
  • 30 xuño ao 16 xullo (Valoración técnica e económica)

Votación Final: 17 de xullo ao 31 de agosto

Resolución administrativa: setembro-outubro

Execución de proxectos: novembro 2026 a decembro 2028

Documentación Orzamentos Participativos

Inicio / 

TipoNomeDataTamaño
 2017 Orzamentos Participativos  
 2019 Orzamentos Participativos  
 Directrices OOPP - anexo I y II.pdf19/12/2022998.71 Kb

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión